A comezos dos noventa, os veciños de Abeleda evitaron o roubo da pÃa bautismal do mosteiro de San Paio. A celebrar a defensa deste ben e para denunciar o actual estado de abandono do cenobio, a Asociación O Sorriso de Daniel puxo a andar este mes de setembro unha exposición de fotografÃas e textos nas propias rúas da aldea que amosan os veciños a carón da pÃa na que foron bautizados.
En 1972 a igrexa do mosteiro de San Paio de Abeleda, na Ribeira Sacra, deixa de funcionar como igrexa parroquial e clausúrase, e as imaxes de santos que se trasladan á veciña igrexa de Santa Tegra. A partir dese momento comeza un lento proceso de espolio que ata finais dos anos oitenta despoxa o templo de retablos e doutros bens patrimoniais. Un dÃa de comezos dos anos noventa, os veciños descobren un camión no que uns descoñecidos teñen cargada a grande pÃa bautismal do vello mosteiro. “Déronlles o alto, fixéronlles baixala e trasladárona a unha pequena capela da aldea”, lembra Carmen Varela, secretaria da asociación O Sorriso de Daniel, un colectivo que traballa a prol do coñecemento e recuperación das construcións románicas que existen no noso paÃs.
As imaxes e os textos
A homenaxear esta implicación co patrimonio local e para reivindicar unha maior protección para o último grande mosteiro románico da Ribeira Sacra que fica sen coidado, a asociación promoveu esta mostra. Un total de 15 fotografÃas dun metro cadrado, realizadas por Sole Felloza, amosan os veciños da aldea que ao carón da pÃa na que se recibiron o bautismo e que o propio pobo conservou. “Todas son persoas de máis de corenta anos, e en moitos casos tiveron de vir de Monforte ou de Ourense para se retratar”, sinala Varela, que destaca a grande colaboración da poboación local no proxecto. “Amosaron unha xenerosidade extraordinaria en todo o proceso e encargáronse de localizar a xente e de preparalo todo”.
Canda a elas, 11 textos de escritores do paÃs reflexionan sobre a relación da xente co seu patrimonio ou denuncian o estado de abandono do mosteiro. “Algúns fan referencias directas as fotografÃas, outros céntranse no que acontece con San Paio”, sinala Varela. “Muda moito o enfoque segundo o autor. MonxardÃn fala da valentÃa dos veciños á hora de conservar a pÃa, Ana Romanà reivindica a consolidación das ruÃnas, Quico Cadaval fala sobre a permanencia da pedra na nosa culturaÂ… cada un dálle un toque diferente”.
A idea
Segundo recoñece Varela, o proxecto “xurdiu dun fracaso”. Na asociación “eramos conscientes de que moita xente se achegaba a Abeleda ver o mosteiro e atopábano fechado, entón pensamos en organizar unha exposición coas fotografÃas antigas dos veciños, de vodas ou outras celebracións, nas que se vise a igrexa. Pero atopamos moi pouco material, cando se deixou de empregar a igrexa habÃa moi poucos fotógrafos de vodas. E entón foi cando pensamos que podÃa ser mellor fotografalos agora”.
A visita
Os interesados en coñecer este proxecto non teñen máis que se trasladar ata a Abeleda, e alà atoparán a mostra sen dificultade. “Normalmente a xente deixa o coche onde a igrexa de Santa Tegra, e alà mesmo arrinca o primeiro panel”, explica a secretaria do Sorriso de Daniel. Arredor do camiño sucédense as fotografÃas da exposicións, a aproveitar os máis variados soportes. “Están nas fachadas das casas, varandas das escaleiras e dos balcóns, nos balados das leiras ou nos postes na luz”, sinala. “Non sempre coinciden pero tentamos achegar a foto ás casas onde vive cada un dos retratados”.
A relación do pobo co patrimonio
Malia aos amplos debates sobre a problemática protección do patrimonio no rural, a secretaria de O Sorriso de Daniel considera que a actitude dos veciños de Abeleda non é unha excepción. “No rural existe unha identificación grande coa parroquia e sÃntese unha responsabilidade co patrimonio. Os veciños estarÃan dispostos a botar unha man, pero non soubemos, nin a administracións nin as asociacións, darlles ferramentas para que poidan materializar ese sentimento. A xestión patrimonial estivo afastada da xente”, apunta. “Cómpre facer iniciativas que impliquen a xente de cada zona e que permitan que estes bens transcendan ao resto da sociedade”. No entanto, é certo que en Abeleda existe un tecido social previo, malia á pouca poboación que pode ter facilitado unha acción como esta. “Hai dúas asociacións activas, o cal é algo singular nun lugar con tan pouca poboación”, explica Varela.
A importancia do mosteiro
Deste xeito, proxectos semellantes ao de Abeleda poderÃan realizarse en moitos outros lugares. Para alén da colaboración veciñal, neste caso destaca tamén a importancia patrimonial do mosteiro do século XII e o seu delicado estado. En O Sorriso de Daniel apuntan que “para nós é particular porque hai poucos desastres desta dimensión no románico galego. Resulta especialmente sangrante. A igrexa, aÃnda que lle falta o tellado, está en pé e resulta un elemento moi importante no románico da Ribeira Sacra. Resulta facilmente rescatable, con que alguén a cubrise. Logo ten un pórtico gótico de transición que tamén é moi interesante”, apunta.
A exposición, que botou a andar o pasado 2 de setembro, está polo de agora aberta sen unha data de finalización. “Estamos a ver como se comportan os soportes das fotografÃas ante a chegada do inverno”, explica Varela. De cara ao futuro, a asociación, que xa comezou as súas xeiras románicas deste outono, está a elaborar unha proposta para tentar facer visitable o edifico do mosteiro de Abeleda. “Estamos a tentar que a escusa dos cartos no evite que haxa visitantes. AÃnda que sabemos que conseguir un tellado será complicado, tamén temos claro que mentres a xente non saiba o que pasa alÃ, tardará en ter solución”.

GalerÃa: Os veciños de San Paio de Abeleda
Foto: Sole Felloza
Veciños de San Paio de Abeleda onda a pÃa bautismal do mosteiro