O 2006 é un ano especialmente relevante para a Real Academia Galega. A institución que vela pola cultura galega cumpre cen anos. Esta celebración non debe solapar a festa anual das letras, por iso, os membros da academia veñen de escoller un candidato que una as dúas efemérides. O Día das Letras Galegas do 2006 dedicarase a Manuel Lugrís (Sada, 1863 - A Coruña, 1940), un escritor que foi, ademais de presidente, un dos membros fundadores da RAG.
A sesión ordinaria do plenario da Real Academia Galega (RAG) acordou dedicar o Día das Letras Galegas do ano 2006 a Manuel Lugrís Freire. Entre as razóns ofrecidas polas Academia destacaba a súa decidida contribución á defensa e á promoción do idioma galego. Manuel Lugrís Freire foi un activo xornalista que participou nos procesos de creacións das institucións e dos fitos máis importantes para a dignificación da idioma e a cultura: na creación da Real Academia Galega, na redacción do Primeiro Estatuto de Autonomía, na constitución das Irmandades da Fala, foi un dos patrocinadores da Escola Rexional de Declamación da que sería presidente. Pero o seu currículo non queda aí, é autor dunha ampla producción escrita, que abrangue o xornalismo, a poesía, o teatro, o relato breve e os estudos lingüísticos e foi o fundador do primeiro xornal americano editado completamente en galego A gaita gallega.
O nomeamento
Coma todos os anos, nas quinielas figuraban moitos nomes susceptibles de ser elexidos como o homenaxeado no día das letras. Ás candidaturas máis firmes como as de Anxel Casal, Ricardo Carvalho Calero ou Lois Pereiro, sonaban nomes como Chano Piñeiro ou Ramón Piñeiro. Sen embargo, o plenario da Real Academia optou por un home que entraba nas quinielas de todo mundo: Lugrís Freire. Os membros da RAG salientaron que a biografía e a obra de Lugrís amosan, segundo fixeron público nun comunicado unha vida de total entrega á dignificación e á normalización da lingua galega, sempre unida á defensa de Galicia, para o que participou na creación de moi diversas entidades políticas e culturais.
Quen é Lugrís Freire
Para os que non o coñezan, Lugrís Freire é un histórico galeguista, xurista, comediógrafo, poeta e agrarista, que ten no seu haber, o mérito de ter fundado o primeiro xornal integramente en galego da emigración. Trátase de A Gaita Gallega que se editou na Habana entre os anos 1885 e 1889. Foi unha das mostras do seu fondo compromiso galeguista que manifestou durante a súa estadía en Cuba a onde emigrou con a penas 20 anos. Ao seu regreso en 1896, Lugrís, pai do afamado pintor republicano Urbano Lugrís, participou en todas cantas iniciativas comprometidas coa lingua houbo no país. Foi un activo colaborador na redacción do anteproxecto do Estatuto de Autonomía, en representación do Partido galeguista.
Entre os seus méritos que este ano fixeron decantarse a balanza a favor do seu nomeamento como homenaxeado no día das letras galegas do 2006, está o de ser un dos membros fundadores da propia Academia Galega. Institución da que chegou a ser presidente entre o 28 de abril do 1934 e o 20 de agosto do 1935. Pero o seu compromiso non se esgota aí, xa que foi o primeiro dos presidentes da institución en usar en público o galego nun mitin. Aconteceu no ano 1907 en Betanzos, nun acto do Sindicato Solidaridad Gallega, do que tamen foi fundador.
Obra
O seu claro compromiso co idioma levouno a que en 1922 publicase a Gramática do idioma galego, que é a primeira escrita na nosa lingua. Once anos máis tarde ingresou como correspondente no Seminario de Estudos Galegos cun discurso sobre Eduardo Pondal.
Como creador literario, Manuel Lugrís tratou practicamente todos os temas e todos os xéneros, pero entre eles destaca sobre todo a súa obra teatral, coa que inaugurou o teatro galego en prosa. O Teatro Principal da Coruña e o Teatro Xofre de Ferrol foron os centros nos que se presentaron algunhas das súas pezas teatrais. Minia (1904), Mareiras ou Esclavitú figuran entre a súa bibliografía.
Con Soidades (1894) inaugurou a súa faceta poética, un dos xéneros que tamén cultivou, aos que lle seguiron títulos como Noitebras (1901), Ardencias (1927) ou As mariñas de Sada (1928).
Revista Gallega, A Nosa Terra, A Gaita Gallega, El Eco de Galicia, entre outros xornais e publicacións periódicas foron algúns dos espazos que publicaron numerosos artigos de Manuel Lugrís que asinou baixo os pseudónimos Asieumedre, L.U. Gris, K. Ñoto e Roque das Mariñas. Unha produción literaria que o o Centro Ramón Piñeiro compilou hai pouco nun volume chamado A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire dentro da súa coleción Narrativa Recuperada.