Publícase o especial España da revista Stripburguer, no que Víctor Rivas completa a presenza galega con Robledo e Vázquez

O quiñón galego da hamburguesa

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Finalmente son tres os autores de BD galega que participan no número corenta da prestixiosa revista eslovena “Stripburguer”. Aos xa anunciados Miguel Anxo Robledo, con “Coward Mummy's demons” e Alberto Vázquez, que publica “Judas, the catholic squirrell”, súmase Víctor Rivas, que ilustra dúas páxinas co título de “Worming!”. Ademais, neste mesmo número, dous artigos resumen a situación da BD no Estado Español: un de Henrique Torreiro, experto e organizador das Xornadas de Ourense, e outro de Óscar Iglesias, colaborador das Xornadas e de Viñetas desde o Atlántico.

Máis información no web de Stripburguer e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Víctor Rivas, Alberto Vázquez, Viñetas desde o Atlántico, Culturagalega...