O BNG cifra en máis de trescentos mil euros o custo que tivo para o Concello da Coruña a defensa do topónimo castelán

Os custos do L

29/6/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
O Concello da Coruña investiu nos procesos xudiciais para defender o dereito a empregar o seu topónimo castelán máis de trescentos mil euros. O grupo local do Bloque Nacionalista Galego cifra nesta cantidade o investido nesta loita lingüística. Foi no mesmo momento no que o goberno herculino acaba de aprobar un pago de 34.800 euros a favor dos avogados García de Entrería por levar a representación desta institución no contencioso pola cooficialidade das formas galega e castelán, que finalmente perdeu. O grupo nacionalista destaca tamén que nos últimos exercicios os orzamentos municipais inclúen partidas de cen mil euros anuais para este concepto.

Máis información en La Opinión

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello da Coruña, BNG, La Opinión, Bloque Nacionalista Galego