O erotismo na arte protagoniza unhas xornadas na Coruña

Ars erótica

| Santiago.Redaccion | Seccións: Arte
Compartir:

O Museo de Belas Artes da Coruña acollerá unha xornadas que analizarán a actualidade do erotismo e as súas manifestacións artísticas. Ademais reflexionarase sobre a evolución da arte erótica na historia, os modelos establecidos e os límites entre erotismo e pornografía.

Congreso


A pintura, a escultura, a fotografía, o cartelismo e as recentes manifestacións artísticas arredor do erotismo compoñen a mostra que do 15 ó 17 de novembro acollerá o Museo de Belas Artes de A Coruña. Manifestacións que pretenden establecer de xeito plástico as relacións entre a pornografía e a obscenidade. Este congreso pretende recoller as novas tendencias e as novas formas de ver a sociedade que está virando co fortalecemento dentro do ámbito académico de sectore feministas e homosexuais.




Actividades



Destacados personaxes do mundo artístico completarán a mostra que compón este congreso. Ademais, no Museo de Belas artes tamén se proxectará o documental Enquisa sobre o amor, de Passolini. Un congreso que pretende ofrecer unha nova visión sobre a arte erótica do momento.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Belas Artes, Museo de Belas Artes da Coruña, Fotografía, Documental