Todo o mundo sabe que unha imaxe vale máis que mil palabras. Por iso, o Concello de Oleiros quere abrir un camiño para a concienciación con imaxes, que sirvan para aumentar a sensibilización social diante de situacións de discriminación. Pero na loita contra as inxustizas sociais cómpre non só mirar, senón tamén actuar. Obradoiros e debates son as outras caras de Revela, o proxecto fotográfico con base social que se desenvolve ata o 15 de xullo.
Estamos afeitos a ver imaxes crueis, dramáticas e duras nos informativos, pero chegamos a un estado de datan pasividade que se nos confunden esa imaxes reais con calquera escena dunha película. Estas eran as palabras coas que Ángel García Seoane, alcalde de Oleiros inaugurou un proxecto que se desenvolverá ata o vindeiro 15 de xullo. As súas palabras son unha verdadeira declaración de principios porque Xosé Abad, o director deste proxecto destaca que Revela é un proxecto que quere implicar á xente, que se mobilice, que parta das fotografías para denunciar as inxustizas sociais. E así foi. Desde o pasado venres, as rúas e prazas de Oleiros colgan fotografías de gran tamaño (metro por metro e medio) con imaxes impactantes de tres exposicións diferentes. Non pasan desapercibidas, asegura o director de Revela, a xente párase e comenta entre si as imaxes. Ademais, no propio acto de inauguración todos os que forman parte deste proxecto: fotógrafos, público, organizadores, parceiros, intelectuais... foron descolgando as teas que cubrían as imaxes que colgan nas prazas. Todas cun fío común: as migracións sociais.
Imaxes con contido
Revela é un evento fotográfico que, segundo explica o director, ten un triple obxectivo: queríamos facer un evento sólido, con perspectiva de futuro, pola outra queríamos darlle proxeción internacional e conseguir a implicación da sociedade. E todo está fiado ben fino para que a xente se implique. As fotografías non se exhiben en salas cerradas, senón na rúa. Queríamos sacalas fóra porque queríamos sacar o debate á rúa. E funciona. Como as imaxes son tan impactantes, a xente párase e comenta a foto.
Todas as imaxes que colgan dos espazos públicos de Oleiros responden a tres exposicións diferentes. Por unha banda está Inmigración, un fenómeno mundial é unha exposición de imaxes de fotógrafos como Juan Medina, Antón Meres, Peter Andrews (armenio), Daniel Leclair (Honduras) e moitos outros fotógrafos de diferentes partes do mundo e que foron cedidas pola axencia Reuters. Neste sentido Xosé Abad destaca a participación desta axencia que se implicou do xeito máis desinteresado e desde o primeiro momento. Ao lado desta está Afrogalegos que amosa o traballo inédito de Xulio Villarino que amosa a integración positiva dos caboverdianos en Burela (Lugo). Por último con Tráfico de mulleres Lorena Rosa (da Axencia Panos de Inglaterra) veremos o tráfico de mulleres kenyanas que son obrigadas a exercer a prostitución.
Un tema para cada día
Pero a implicación cidadá non queda aí, senón tamén no día a día. Por iso, o equipo que proxectou Revela preparou un programa de debates no que cada día analizasen o fenómeno desde unha perspectiva diferente. Falar da inmigración, explica o director de Revela, é falar dun proxecto moi amplo por iso cada día abordamos un tema puntual. Hoxe luns (ás 20:30 horas) da tarde no Auditorio da Fábrica de Perillo: A inestabilidade política e os conflictos como fontes de éxodos e migracións. Para hoxe estará Fernando García Arévalo, fotógrafo independente que colabora coas axencias Staff e Cover, así como Dima Khatib, correspondente de Al Jazeera e Carlos Taibo, profesor de Ciencia Politica da Universidade Autónoma de Madrid.
Por diante queda unha semana onde os debates irán abordando outras facetas sobre os movementos migratorios, e iranse desprazando cara outras localidades. A Coruña (Salón de actos da Fundación Paideia, 20:30 horas) acollerá o debate de mañá sobre a Muller na emigración e como factor de desenvolvemento nos países de orixe. A fábrica de Perillo volverá acoller mércores e xoves os debates sobre a migración galega e como afectan os movementos migratorios á infancia. Moitos destes debates son froito das múltiples vías de colaboración que se foron artellando no programa. Xosé Abad explica que non foi doado votar a andar Revela, entre outras cousas, porque un evento que xorde con vocación internacional e con pretensión de continuidade, non pode financiarse unicamente coa achega económica dun concello tan pequeno como é Oleiros, por iso contamos cunha serie de colaboradores que fixeron que fose posible.
Educar con imaxes
O equipo de Revela sabía que, aínda que estamos inmersos no mundo da imaxe, non sempre as imaxes se decodifican correctamente. Entón ensinar a ler unha fotografía, como un elemento que axude a transmitir unha imaxe é unha parte dun mensaxe que se pretende transmitir. Hai obradoiros destinados a adultos, entre os de destaca un de Fernando Suárez (hoxe luns ás 16:00 horas nas instalacións de Mans no Polígono de Pocomaco en A Coruña) que analizará as posibilidades de internet como canle de difusión de proxectos.
Por outra banda, Revela na escola é o apartado dedicado aos máis cativos. Estaba dirixido a nenos de cuarto da ESO, explica o director, nenos que están entre a infancia e a pubertade. Un total de 90 nenos participaron no programa que consistiu en deseñar un proxecto que logo materializaron cunha cámara de usar e tirar. Os mellores traballos pódense ver no Castelo de Santa Cruz. Foi, recoñece Xosé Abad, un dos proxectos máis impactantes, porque quedamos sorprendidos como os rapaces retrataron a inmigración. Entre os proxectos que se poden ver hai unha mostra que recolle a emigración a través dos rótulos dos bares que collen desde o Bar Caracas, Bar Zúrich, Bar París... Foi unha experiencia moi interesante que repetiremos o ano que vén tentaremos que cheguen a máis rapaces.
O carrete que queda por revelar
Revela é un evento fotográfico que aínda que nace este ano, nace fondamente enraizado co compromiso social e con vocación de continuidade. De feito, Xosé Abad xa ten medio ollo posto na edición do ano que vén. O tema que centrará o seguinte Revela sairá do proxecto que resulte gañador da Bolsa Revela coa que o concello de Oleiros premiará o mellor proxecto. Par ao ano que vén, asegura Xosé, o tema de Revela, o das exposicións e os críticos xirarán arredor do tema que trate o proxecto seleccionado este ano. En todo caso, Revela seguirá conservando a súa identidade e mantendo o sinal de identidade que converten un proxecto onde a fotografía serve de base para concienciar á cidadanía.