A clausura de Galeusca serviu para que os escritores bascos, cataláns e galegos que se reuniron en Pontevedra erguesen a voz contra un sistema educativo que, segundo eles, non promove suficientemente a lectura nin protexe a cultura e a lingua das minorÃas. E mentres unha xuntanza remata, outras están a piques de comezar. Bergantiños acollerá a partir do vindeiro dÃa 10 un seminario no que se analizará a figura dun dos fillos máis ilustres desa terra, Alfredo Brañas.
CrÃticas e reclamacións
O XVIII Encontro de Escritores Galegos, Bascos e Cataláns Galeusca 2001, rematou onte expondo ó público as conclusións sobre ó mundo do libro ás que chegaron logo de tres dÃas de debate.
AsÃ, entre as conclusións do encontro, os escritores sinalaron que o actual sistema de ensino non promove suficientemente a lectura en linguas autóctonas, situación que se ve refrendada polo recente Decreto de Humanidades e a Lei de Ordenación da Universidade. Segundo os datos manexados no encontro, en Galicia cada escolar le tres libros ó ano mentres a UNESCO recomenda un mÃnimo de doce. Para os escritores deberÃase facer "unha nova formulación das humanidades, coa lectura ocupando un lugar fundamental para superar a pasividade que se xera na xuventude".
No mesmo sentido, Miguel Anxo Fernán-Vello, secretario da Asociación de Escritores en Lingua Galega, reclamou que as administracións "discriminen positivamente" a cultura do libro fomentando a creación de bibliotecas e a adquisición de obras literarias.
Dentro das xornadas, o escritor Antón Figueroa destacou a importancia que as novas tecnoloxÃas van ter no fomento da lectura. Segundo el, actualmente os novos medios teñen "un prestixio extraordinario para os escolares" e "favorecen a lectura". De calquera xeito, Figueroa recoñeceu que medios como a televisión exercen "presión" sobre a lectura e "o libro perde terreo fronte a outros medios de crear ficción".
Brañas
Bergantiños homenaxea a partir do dÃa dez de novembro un dos seus fillos máis ilustras, Alfredo Brañas. O I Seminario Alfredo Brañas reúne no Centro Comarcal do lugar a especialistas en diferentes eidos que falarán da figura do escritor. O encontro abrirase coa presencia de Andrés Precedo Ledo e de Francisco Puy, presidente da Fundación Alfredo Brañas. A primeira intervención do encontro será apresentación da "AntoloxÃa de Alfredo Brañas. Textos en glaego e material didáctico. O Anllóns, Alfredo Brañas e o San Xoán". A continuación, Francisco Campos, director xeral da CRTVG falará sobre a actividade xornalÃstica de Brañas e, pola tarde, Xosé Pumar Gándara falará sobre "Bregantiños en tempos de Alferdo Brañas". Santiago González-Brañas, familiar do homenaxado, pechará o encontro afondando no aspecto humano no seu antergo.
Onda as conferencias, o seminario inclúe unha mostra bibliográfica sobre o teórico rexionalista na que se poderán ver tamén obras relacionadas coa comarca de Bergantiños.
Os interesados en participar deberán inscribirse no propio centro comarcal ou na sede da Sociedade de Desenvolvemento Comarcal de Galicia.