Baixa o pano do Xacobeo. Centos de actos, millóns de visitantes. Hai que agardar o vindeiro Ano Santo para que se repita un evento desta magnitude en Galicia. Para cubrir esta resaca e aproveitando a Concesión da Premio príncipe de Asturias á Concordia que levou o Camiño de Santiago, a Consellería de Cultura preparou o programa Galicia. Camiños de Concordia. Fóra de actos masivos, centrado na reflexión e no debate, revélase coma o plan cultural do ano.
A idea de organizar o programa Galicia, Camiños de Concordia naceu da concesión do Premio Príncipe de Asturias da Concordia 2004 aos Camiños de Santiago, explica José Manuel García Iglesias, coordinador xeral do proxecto. A partir deste galardón, a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo pensou en dedicar este ano á Concordia, a través dun programa que se organiza arredor dos conceptos da paz e do diálogo. Deste xeito, a Sociedade de Xestión Xacobeo organizou un programa organizado en catro proxectos. A Conferencia Mundial para a Paz, a Solidariedade e o Desenvolvemento, organizada polo profesor Agustín Dosil; Camiños de Concordia, que é a parte central da que son coordinador xeral; Camiño de Paz, unha magna exposición que se inaugurará en Ourense a finais deste mes e que se dedica ó Ano Eucarístico, ademais da mostra O Quixote, da letra á imaxe, que se pode ver na Coruña e en Vigo e que se dedica ó cuarto centenario da obra cervantina; e o programa Rede de Concordia, que pretende difundir o uso e o coñecemento das tecnoloxías da comunicación e da información, explica García Iglesias.
O turismo e a memoria
O proxecto era anunciado xa en novembro do ano pasado polo conselleiro de Cultura Xesús Pérez Varela coma parte dun plan para atraer turistas a Galicia ao longo do ano 2005. As visitas de personaxes destacados da política internacional e de varios premios Nobel presentábanse, ao xeito do Fórum das Culturas de Barcelona, coma os principais atractivos para un turismo de cultura. Jimmy Carter, Mijail Gorbachov, Rigoberta Menchú, Kofi Annan, Daniel Baremboim e J.K. Rowling foron algúns dos nomes que Pérez Varela anunciara que foran contactados para asistir ás actividades deste programa. Polo momento xa se achegaron ao noso país Rigoberta Menchú (Nobel da Paz en 1982), Murray Gell-Man (Nobel de física en 1969), Betty Williams (Nobel da Paz en 1972), Roberto Pérez Esquivel e o último galardoado, Wangai Maathai entre outros persoeiros. Deste xeito David Trimble, Cherie Blair, Jaime Mayor Oreja ou Pedro Duque son algúns dos nomes que tamén se vencellan a este proxecto. A pesar das coincidencias en canto a organización, García Iglesias explica que, Este proxecto non está directamente vinculado co Xacobeo máis que na promoción dun dos valores do Camiño, a Concordia e que O obxectivo último desta iniciativa é deixar nos arquivos galegos unha testemuña de cal era e como era o nivel de pensamento galego, nacional e internacional neste tempo.
O eixe do debate
O primeiro eixe de actuación deste evento foi representado pola organización da Conferencia Mundial para a Paz, a Solidariedade e o Desenvolvemento, que se desenvolveu en Compostela entre os meses de abril e de maio baixo os auspicios da UNESCO e que trouxo á cidade trescentos conferenciantes de todo o mundo organizados en nove congresos internacionais que analizaron cuestións coma a educación, a débeda externa, a relixión, a violencia, o deporte ou a familia. Coincidindo con este evento, a Universidade de Santiago de Compostela creou unha cátedra sobra a Paz, a Solidariedade e o Desenvolvemento. O apartado do programa dedicado ao debate e ao diálogo continúa a partir do mes de xuño mediante de encontros temáticos que se celebran nas sete grandes cidades galegas, de novo coa presenza de destacados persoeiros internacionais. Deste xeito, a Coruña acolleu o ciclo dedicado a palabra, Lugo o da política, Ourense o centrado na sociedade, Pontevedra inicia esta mesma semana a semana das artes, e ata o final do ciclo, en Vigo falarase de ciencia e en Ferrol sobre o pensamento. Coincidindo con cada unha destas semanas, en Compostela celébranse conferencias coa mesma temática.
A importancia da arte sacra
Unha compilación de arte sacra de toda Galicia e boa parte de España e de Portugal, con pezas restauradas expresamente para a ocasión, compón a grande mostra que se celebra neste ano 2005 dentro do programa. Desde o mes de xuño e ata final de ano, a exposición eucarística Camiño de Paz. Mane nobiscum Domine percorrerá Galicia saíndo da Catedral de Ourense amosando douscentos obxectos deste tipo. Este proxecto expositivo nace como consecuencia da secular vinculación do noso país coa Eucaristía. Galicia é a única Comunidade Autónoma que conta no seu escudo co tema eucarístico e na cidade de Lugo réndese culto ininterrompido ao Santísimo Sacramento dende polo menos o século XII, explica o web da actividade ao presentar a mostra. Camiño de paz, é unha iniciativa do Bispo de Ourense, Luís Quinteiro Fiúza, e é comisariada polo arquiveiro da catedral ourensá, Miguel Ángel González García. A exposición que se vai inaugurar en Ourense é moi importante polo tempo que ocupa e polo tema que trata, explica García Iglesias.
Un tráiler de comunicación
Por outra banda, o proxecto Unha rede de Concordia incluído nesta proposta pretende achegar as novas tecnoloxías á sociedade coa escusa deste encontro. Cursos de balde sobre novas tecnoloxías e Internet organizados nunha aula móbil, instalada nun tráiler que visitará cento vinte concellos de Galicia ao longo de todo o ano. Para animar a concorrencia, que se prevé sexa de oito mil persoas, a organización sorteará ordenadores entre os participantes, e ademais entregaranse agasallos a todos os asistentes: carpetas con material didáctico do curso, folletos dos camiños, diploma de asistencia, certificado dixital de asistencia e unha cámara dixital, un reprodutor de Mp3 ou unha axenda electrónica, explica o web desta iniciativa. Deste xeito, milleiros obsequios deste tipo, canda a outros coma camisetas ou brazaletes reflectantes repartiranse por toda Galicia en aras da concordia. Canda a aula móbil, nas presentacións comarcais deste proxecto instalarase un escenario con pantalla de vídeo xigante e unha carpa inchable, proxeccións de vídeo e música ao vivo que se completarán con novos sorteos de agasallos tecnolóxicos.
Futuros
Polo momento, García Iglesias recoñece que a a resposta do público está a ser desigual porque o alumnado se move nuns períodos moi definidos e iso inflúe na asistencia, pero recoñece de calquera xeito que o grado de implicación foi homoxéneo e en liñas xerais estamos moi contentos. Desde a organización do Xacobeo anuncian ademais que continuarán as programación especiais entre anos santos. Desde 1997 houbo unha programación extraordinaria paralela á da Consellaría, buscando que todos os anos teñan un motivo e un programa especial. Existe a posibilidade, expresada no peche da Conferencia Mundial para a Paz, de que estas actividades continúen no futuro, aínda que non necesariamente no noso país, xa que outros lugares se amosaron interesados en continuar a experiencia. Veremos que novos camiños colle a concordia co tempo.