A escritora Pilar Buela encargouse persoalmente de traducira súa obra Ácaros verdes(Sotelo Blanco, 2004) ao castelán para a publicación polo selo barcelonés Ronsel, propiedade tamén do empresario editor Olegario Sotelo. A obra, que obtivo os premios Lueiro Rey de Novella Curta 2003 e Arcebispo Xoán de San Clemente conta a historia dos últimos días do réxime de Hitler desde a mirada de Eva Braun e Magda Goebbels, parellas de Hitler e o seu lugartenente respectivamente e desaparecidas xunto a eles nun búnker nun acto de suicidio.
Máis información na páxina da editorial Ronsel