Antón Mascato reclama máis conciencia industrial entre os editores na súa intervención sobre medios de comunicación en Galeusca

Industria e medios

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O xornal Galicia Hoxe avanza as conclusións do informe que o editor Antón Mascato presenta nesta xornada no congreso Galeusca de editores. A intervención de Mascato desenvolve o tema dos medios de comunicación baixo o título “A intermediación na promoción do libro” e inclúe datos dun informe de Víctor Freixanes e Mª Dolores Cabrera no que se estudan a información que dedican ao libro os xornais galegos. Galicia Hoxe, seguido de La Voz de Galicia lideran a promoción cultural segundo as conclusións da análise feita por Mascato nun seguimento aos medios durante unha semana. O editor reclama a denominación de industria cultural para o mercado do libro e recoñece unha falta de concienciación dos editores de pertencer a un sector industrial.

Máis información en Galicia Hoxe
Infórmate da actualidade literaria e de máis de quiñentos libros no soportal LG3

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Galicia Hoxe, Antón Mascato, Medios de comunicación...