A Real Academia Galega (RAG) non aprobou na súa xuntanza do pasado sábado a reforma da normativa proposta polas tres universidades e o Instituto da Lingua Galega (ILG). A pesar das declaracións previas de varios académicos e do empeño do presidente da institución por zanxar o debate canto antes, as diferentes posturas entre os académicos e a necesidade de estudiar a fondo a proposta motivaron este retraso. De calquera xeito, a sesión do sábado estivo cargada de traballo. Por unha banda, Xohana Torres, unha das últimas incorporacións á Academia, leu o seu discurso de ingreso, e pola outra realizouse o acto de entrega da partitura orixinal feita por Pascual Veiga do Himno Galego.
Hai que pensalo
A pesar das espectativas levantadas polas declaracións de varios académicos sinalando o seu interese pola reforma, a xuntanza do sábado da RAG rematou sen que se realizase ningún pronunciamento sobre a cuestión.
Tres horas de xuntanza á que acudiron dezaseis dos vintesete académicos actuais non deu para chegar a un acordo, e a maiorÃa dos académicos sinalaron que precisaban máis tempo para revisar os douscentos folios da proposta de reforma ortográfica remitida polo ILG e os departamentos de galego das tres universidades.
Ademais da necesidade de analizar o texto, Francisco Fernández del Riego, presidente da RAG, recoñeceu que "hai discrepancias, non friccións" entre os académicos con respecto a este tema, e manifestou que o aprazamento do debate non implica pechar a porta á reforma e que é posible "chegar a unha conciliación" entre as diferentes posturas dos académicos.
O secretario da institución, o historiador Xosé Ramón Barreiro, manifestou que "aÃnda queda moito por debater" e que "aÃnda queda para outra sesión ou máis".
Pola súa banda Xosé Luis Méndez FerrÃn destacou que "a normativa ten pouco que ver coas ciencias e mais coas conveniencias" e recoñeceu a necesidade dun "debate profundo" sobre o tema.
Outro académico, Xesús Alonso Montero, amosouse de acordo na necesidade de debater con calma e sinalou que as discusións no seo da académica son fundamentalmente "metodolóxicias de toda Ãndola", referÃndose ó problema de "mandarlle ó ámbito editorial e escolar unha nova normativa".
Asà pois acordouse que será o vindeiro dÃa dezasete de novembro, coincidindo co ingreso na RAG de Xosé Neira Vilas, cando se retome o debate sobre a reforma ortográfica, sen que iso implique que se tome a decisión nesa data.
Vén Xohana, marcha Francisco
A sesión do sábado da RAG rolou arredor doutro eixo ademais do da normativa. A poeta Xohana Torres, escollida académica o pasado mes de marzo, leu nesta xuntanza o seu discurso de ingreso, "Eu tamén navegar" que se centrou nunha defensa literaria do mundo do mar visto desde as súas vivencias desde a infancia, ó tempo que reclamou a incorporación á Academia das mulleres que, dixo, "sostemos a metade do ceo".
O discurso foi respondido polo académico Salvador GarcÃa-Bodaño, que realizou un percorrido pola biografÃa da nova académica, destacando a súa importancia na renovación poética de finais dos anos setenta.
E mentres Xohana Torres formalizaba o seu ingreso na institución, Francisco Fernández del Riego aclarou a data exacta da súa demisión coma presidente. AÃnda que ata o de agora coñecÃase que abandonarÃa o cargo o vindeiro vintenove de novembro, Del Riego manifestara que exercerÃa coma presidente en funcións ata que se producise unha nova elección. Sen embargo, o sábado sinalou que o dÃa previsto deixará o posto definitivamente, pasando a ocupar o cargo de presidente interino Constantino GarcÃa.
A partitura do himno
A partitura orixinal da música que Pascual Veiga compuxo para o poema "Os pinos" de Pondal e que chegarÃa a ser o Himno Galego, foi entregada o sábado á Academia por MarÃa Pilar Veiga González, neta do músico de Mondoñedo.
A partitura, onda outros documentos coma unha árbore xenealóxica da familia, atópabanse en Arxentina nas mans dos descendentes de Pascual Veiga, que decidiron legalos á Real Academia logo de que a Xunta contactase con eles para facerse cos documentos.