Leonardo Sbaraglia protagoniza a nova produción de Continental e Celso Bugallo comparte pantalla con Carmelo Gómez

Proxectos en camiño

“O concursante” é a nova produción que está a poñer en marcha Continental. Unha longametraxe que será dirixida polo ourensá Rodrigo Cortés e na que participarán Juan Diego, Mabel Rivera, Myriam Gallego, o actor arxentino Leonardo Sbaraglia e, aínda sen confirmar Luís Tosar. Por outra banda, Celso Bugallo trasladarase ata Béjar o vindeiro luns para comezar a rodaxe de “Angoso” un thriller de José Sánchez Cabezudo e no que participarán Carmelo Gómez. Por último, Carlos Amil (A Coruña, 1959) presenta hoxe o seu novo proxecto cinematográfico, baseado no libro “Benanventurados os que se dan a man”.