Antón Reixa roda en Vigo unha das historias da súa segunda longametraxe Hotel Tívoli

Historias de hoteis

1/6/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Vigo acolle estes días a rodaxe da segunda longametraxe de Antón Reixa. Trátase de “Hotel Tívoli”, título que engloba once historias de amor que teñen como fío común un chisqueiro que vai pasando de man en man. A rodaxe, que comezou no mes de abril en Lisboa, rematará en agosto logo de pasar por Groenlandia, Arxentina e Dinamarca. A película está rodada en sete idiomas: danés, inglés, alemán, galego, euskera e catalán aínda que o idioma que predomina é o castelán. O filme, que ten previsto chegar ás carteleiras no 2006, conta con uns corenta actores entre os que destacan Carlos Blanco, Luís Tosar, Mabel Rivera, Miguel de Lira e Marta Larralde.

Máis información na súa ficha

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antón Reixa, Vigo, Miguel de Lira, Mabel Rivera...