O xurado dos premios Lois Peña Novo, que outorga cada ano a fundación do mesmo nome, deron a coñecer onte cales foron as iniciativas máis destacadas na defensa do noso idioma nos procedementos administrativos. Deste xeito, o Proxecto Terra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia foi galardoado “pola súa contribución a que as novas xeracións perciban a arquitectura e o urbanismo como piares básicos da nosa cultura”. Pola súa banda, o Concello de Cambados viu recoñecida “a súa traxectoria a prol do emprego institutcional da lingua galega” e Pablo Vaamonde foi premiado coma médico, autor teatral e articulista.
Máis información en La Voz de Galicia