Como é lóxico, todos sabemos que Bruce Willis, Sean Penn, Jeff Bridges ou Uma Thurman non falan galego. Pero podemos velos no noso idioma grazas a un equipo de actores e actrices entre os que houbo nomes tan coñecidos como Antonio Durán “Morris”, Mabel Rivera ou Sonia Castelo. Démoslle a volta ás voces para ver quen se oculta detrás delas e, de paso, coñecer a situación da dobraxe.
Desde hai uns anos fálase moito do bum do audiovisual galego. É unha etiqueta que agocha toda unha filosofÃa de mercado no que as producións feitas en Galicia recollan a nosa identidade e, como parte dela, o noso idioma. De feito, un dos principios xerais do artigo cuarto da lei do audiovisual galego alude á “promoción e a difusión da cultura e normalización da lingua galega, asà como a defensa da identidade galega”. Comprobando o catálogo de producións de AVG (a dÃa de hoxe, conta con 390 producións catalogadas, aÃnda que non é exhaustivo xa que está en continua elaboración) o galego é o idioma orixinal de 157 traballos. Vendo eses datos polo miúdo temos que a maior parte desas cifras chegan de docuseries (en galego hai 20 de 21), curtametraxes (42 en galego de 114) e traballos que, polo xeral, non teñen unha gran difusión pública. Polo tanto, o que podemos ver nas nosas casas (tanto na televisión como nos productos de lecer como DVD, VHS....) como no cine está dobrado ao galego.
A televisión
LuÃs Núñez de Studio XXI, unha das oito empresas que hai de dobraxe no paÃs e que ten dobrado ao galego “Bonanza”, “A casa da pradeira” ou “David Copperfield” asegura que “a Televisión de Galicia é o principal cliente, aÃnda que tamén temos productoras, distribuidoras e tamén facemos algo de publicidade”. Un feito que tamén confirma Ramón DomÃnguez, director xeral de CTV, a empresa que dobrou a pelÃcula “Pulp Fiction” e a serie “Arriba e abaixo” e “A Nanny” para a TVG. AÃnda que os responsables de ambos estudos afirman que TVG asegura a maior parte da súa carteira de traballo tamén teñen feito dobraxes e subtitulados para cadeas como A3, T5 e TVE. Partindo deste dato e vendo a grella de Televisión de Galicia temos que a maior parte do que se emite, agás no caso dos informativos, son series de produción propia que si se rodan en galego e que, tal e como podemos comprobar nos shares da TVG están a funcionar moi ben. Un feito que lle resta mercado á dobraxe pero que non descoida outros xéneros.
Carlos Reboreda, a voz de Bruce Willis ou Jeff Brigdes, leva case vinte anos neste campo e asegura que “agora mesmo é un momento de moito traballo porque a TVG está apostando por “culebróns” polas tardes e tamén por algo de cine”. Un feito no que tamén coincide Alicia Taboada, a voz de Bo Chan e Pamela Anderson (en español) di que “a miña percepción é que as telenovelas están a dar moitÃsimo traballo e, ao mesmo tempo, os debuxos animados permiten que o galego chegue a un publico moi numeroso porque non todo o mundo ve pelÃculas”.
Agora mesmo a dobraxe é unha profesión recoñecida, pero non sempre foi asÃ. Moitos dos actores do paÃs compaxinaron as súas carreiras no eido da interpretación con cursiños de dobraxe e foron curtÃndose no dÃa a dÃa ante a gran demanda que supuxo a inauguración da televisión pública. Foi o caso de Sonia Castelo, Monti Castiñeira ou de Mabel Ribera. Pola súa parte, Antonio Durán “Morris” asegura que “eu fixen un curso privado na Universidade Popular de Vigo e foi como entrei no mundo da dobraxe. O que máis fixen foi debuxos animados e fun o Mester Muttenrohi, o das bolas Máxicas”. Pero como xa se dedicaba ao teatro e, tal e como asegura “era o que me gustaba” deixou a un lado a dobraxe. Pero coa paulatina profesionalización do sector e o aumento da demanda foise configurando un elenco de actores e actrices de dobraxe. De feito, LuÃs Núñez de Studio XXI asegura que “de vez en cando organÃzanse cursos de dobraxe para mellorar e perfeccionar as súas voces e de aà sae xente nova. En todo caso, o elenco de actores que hai hoxe en dÃa é suficiente”.
As normas de dobraxe
Hai pouco tempo Galicia volveu aprobar a normativa da concordia. Un feito que tamén implica ao sector audiovisual e, sobre todo ao campo da dobraxe porque supón facer cambios nos guións que lingüistas e traductores preparan para os actores (fragmentados en unidades de traballo que no argot profesional se chama “take”). Desde Studio XXI apuntan que “estamos moi pendentes dos cambios e das novidades con respecto á fonética, ao léxico...”. Iso si, aseguran que o seu cliente máis esixente é a TVG. De feito, Ramón RodrÃguez desde CTV di que “como norma xeral, a CRTVG establece os criterios a seguir”.
O caso do cinema
Cousa distinta pasa no caso das producións cinematográficas, onde as porcentaxes de uso do idioma baixan ata cotas practicamente invisibles. Das 68 longametraxes galegas que figuran no catálogo de AVG só 7 teñen como lingua orixinal o galego. De tal xeito que, se queremos ver a pelÃcula no noso idioma temos que recorrer á dobraxe. É como a pescada que morde a cola xa que moitas das crÃticas habituais que recibe o cine galego é o feito de que a dobraxe non acaba de callar no público.
Como parte implicada, Carlos Reboreda cre que “este tipo de crÃticas haberÃa que ver quen as emite, xa non só falo dun profesional, senón do propio sistema. Se cadra haberÃa que rodar en galego e evitariamos estes problemas”. Carlos apunta un dato máis que é que “moitos dos profesionais de aquà temos dobrado moitas veces fóra, en español e a xente ten aceptado o noso traballo”. Alicia Taboada viviu unha situación semellante á de Carlos, xa que está de volta logo de ter traballado en Madrid e cre que o problema da dobraxe aquà é de falta de hábito. “Eu trasladarÃaa esa crÃtica ao revés. Creo que estamos máis afeitos a ver pelÃculas dobradas ao castelán e por iso hai xente á que lle custa velas en galego, pero non se pode ser drástico”. Pola súa banda, LuÃs Núñez de Studio XXI que fixo as dobraxes de “O Cid” e “Pinocho 3000”, alude a outros factores “aquà non hai salas en Galicia para facer mesturas en 35 mm para cine, para o que hai que ir a Madrid e Barcelona. Pero creo que o problema está nas salas de exhibición xa que hai salas que non collen pelÃculas en galego”. De feito, a última produción de Continental “HeroÃna” quixeron colocar unha das seis copias que hai en galego na Coruña pero non houbo ningunha sala que a quixera proxectar.
En todo caso, cómpre lembrar aquelo que dicÃa Chano Piñeiro, director da primeira longametraxe rodada en galego, “facer cine en Galicia é posible, facer cine en galego é necesario”.