O padroado da Fundación Granell aborda nunha xuntanza a celebración da súa década de actividade

Balance do surrealismo

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Este ano cúmprense dez anos da creación da Fundación Granell, unha entidade encargada a difundir o legado do artista surrealista que leva o seu nome. Onte reuníase en Santiago o Padroado da Fundación que abordou, entre outras cuestións, os proxectos máis ambiciosos. Entre eles está o traslado das obras de Eugenio Granell do pazo de Bendaña a San Domingos de Bonaval para converter o edificio na sede dunha das coleccións do surrealismo máis valiosas de Galicia. Entre os outros puntos do día figuraba a aprobación das contas do 2004, a elaboración dun organigrama de personal e a incorporación da especialista na obra do surrealista galego Lucía García de Carpi e Mercedes Rosón.

Máis información en La Voz de Galicia e El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia, El Correo Gallego, San Domingos de Bonaval, Pazo de Bendaña...