José Ángel Valente, póstumo premio Nacional de Poesía

Legado vivo

O poeta ourensán Jose Ángel Valente (Ourense, 1929- Xenebra, 2000) recibíu onte, a título póstumo, o Premio Nacional de Poesía. Un galardón que concede o Ministerio de Cultura, dotado con 2.5 millóns de pesetas pola súa obra "Fragmentos de un libro futuro". A última obra que escribríu o poeta ourensá e no que él quixo deixar "o protagonismo á palabra poética". "Na estación perpetua" de Antonio Cabrena e "La Vida desatada" de Miguel Ángel Velasco quedaron finalistas.

Protagonismo poético




"Xustiza poética". Así se definíu onte o fallo do xurado presidido por Fernando de Lanzas, director xeral do libro, que outorgaba o premio Nacional de Poesía a José Ángel Valente a título póstumo. A obra premiada, "Fragmentos de un libro futuro" honraba á voz poética máis autorizada, apreciada e respectada da segunda metade do século XX.
"Fragmentos..." é unha obra que Valente comezou a escribir en 1992 co que pechou a etapa que él mesmo chamou "descenso á memoria da materia". Noventa poemas, ordenados cronoloxicamente, compoñen a galadoada obra que recolle referencias ó tenue, á paixón e que, no esquece as homenaxes a aquelas figuras que sempre venerou: Cernuda, Paolo Ucello, Giornado Bruno ou Paul Celán. Unha obra que para Valente sólo podería existir cando el desaparecera, unha profecía que parece cumplirse con este galardón.
A obra foi editada, a título póstumo polo Círculo de lectores/Galaxia Gutemberg e está considerada pola crítica como o testamento poético do autor.












Premios


Este é non era o primeiro galardón que recibíu o poeta ourensán, e tampouco era a primeira vez que recibía este galardón. De feito, Valente xa recibira o premio Nacional de Literatura en 1993.
O seu primeiro galardón, o Adonais, foi en 1954 co seu "A modo de esperanza", ó que lle seguíu unha carreira fulgurante. Obtivo o premio da Crítica en 1960 con "Poemas de Lázaro" e que repetiría en 1980 con "Tres lecciones de tinieblas". Catro anos despois recibía o Pablo Iglesias e, en 1988 comparteu coa novelista Carmen Martín Gaite o Premio Principe de Asturias.
Unha traxectoria impecable que o converteu nunha das figuras máis importantes do panorama literario. Aínda que cronoloxicamente pertence á xeneración dos cincuenta, defendeu sempre unha carreira en solitario.










Completo legado


Nos seus 71 anos de idade, Valente deixou no seu haber unha ampla e extensa obra. Unha obra que pretendeu fuxir dos excesos literarios e que ofrece unha experimentación coa linguaxe levandoa ata os últimos extremos. De feito a súa creación literaria está formada por obras depuradas onde a linguaxe conserva a "fascinación do enigma".