Catrocentros intelectuais manifestan a súa preocupación pola situación do CGAC

Cousas do CGAC

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Profesionais relacionados co mundo museístico como Cecilia Pereira, historiadores como Xurxo González, escritores como Suso de Toro, Méndez Ferrín ou Manuel María Romón, así como personalidades do mundo da cultura subscribiron un manifesto no que denuncian o “desmantelamento do Centro Galego de Arte Contemporánea”. Unha iniciativa que pide que a Consellaría de Cultura “paralice” a situación actual que se ten agravado coa diminución do cadro de persoal. Isto chega nun momento no que o centro está a converterse en Fundación, logo de que así o decidira o seu padroado nunha xuntanza celebrada o pasado 21 de abril.

Máis información en La Opinión e sobre a conversión do CGAC en fundación na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel María, Méndez Ferrín, Suso de Toro, Xurxo González...