A Unión Europea concedeulle ao concello de Ourense un orzamento de catro millóns de euros para crear unha Escola de Teatro que teña unha delegación en Chaves. Segundo a axuda facilitada polo ente europeo o proxecto deberÃa estar redactado a finais de marzo para poder executar as obras entre abril de 2005 e xuño de 2006 e comezar a funcionar no 2007. Conta hoxe La Región que o proxecto da Escola non estará ata o mes de xuño, o que supón un atraso de tres meses. En declaracións feitas polo concelleiro de cultura ourensá, José Araújo, a este xornal, pensa que o atraso non suporá ningún problema porque prevé que se poida pedir unha prórroga. O centro é único en Europa e analizará o mundo teatral desde o punto de vista da creación, produción, distribución, exhibición, formación e contará cun laboratorio de dramaturxia.
Máis información en La Región e na nosa hemeroteca