A Coruña organiza mañá con motivo do día das letras galegas, a II Festa da Cultura na Cidade Vella. Trátase dun cortexo cívico no que os participantes farán unha homenaxe aos escritores, músicos, arquitectos, naturalistas, matemáticos
que traballaron a prol da cultura galega. É só un exemplo que demostra que co paso dos anos a celebración do 17 de maio non é só un acto literario, senón unha festa para a cultura galega.
O Día das Letras Galegas é, cada vez menos un día das letras, senón un día festivo para toda a cultura. Sexa esta do tipo que sexa. Desde hai un tempo asistimos ao incremento imparable de actividades que non son só literarias senón tamén cinematográficas, teatrais ou puramente sociais. Uns actos que cada vez máis deixan de ser actos puntuais, senón actividades continuadas no tempo, onde non conta só o propio día 17, senón tamén as datas próximas á efeméride. Nesta dirección apuntan as palabras do conselleiro de Cultura, Jesús Pérez Varela, quen asegurou que o Día das Letras Galegas debía de deixar de ser un día de letras para converterse nun día das artes.
A celebración oficial
Como día que promove a Real Academia Galega, esta institución acolle os actos centrais na súa honra o propio día 17 en Fufín, a parroquia de Monterroso onde Lorenzo Varela viviu parte da súa infancia. Entre as actividades previstas destacan varios recitais, entre eles un de carácter poético-musical a cargo dos actores Vicente Montoto e Matilde Blanco. É o punto final a un programa de actos que se desenvolve desde principios de xaneiro cando a Xunta emitiu un decreto polo que se declaraba o 2005 como ano do Día das Letras, e que incluíu un congreso para achegarse á figura do escritor republicano.
Actos de letras
A cultura é o corazón de todos nós, os galegos, o lugar onde reinventarmos en cada tempo. Son verbas do manifesto co que a Asociación de Veciños da cidade Vella María Pita, coa colaboración do Concello coruñés e a Real Academia Galega, que pretende reivindicar a amplitude da cultura galega. O camiño literario comeza na praza de María Pita onde Mercedes Peón lerá un poema de Lorenzo Varela, a partir de aí iniciarase un percorrido con diferentes recaladas por diferentes puntos da cidade vella para honrar a arquitectos, escritores, médicos e matemáticos que, co seu traballo.
A Coruña, xunto con Pontevedra, Santiago, Pontevedra, O Grove, Ourense e Lugo aproveitarán a celebración para facer unha solta de libros durante a semana do día das letras. É a segunda edición do bookcrosing que pretende potenciar as taxas de lectura entre a poboación con libros galegos e portugueses. É o segundo ano que se fai esta solta de libros que pode seguir o percorrido do exemplar a través da rede. Ademais, en Moaña hai un recital poético e en Carballo celébrano cunha maratón de 8 horas de lectura.
Festas da lingua haberá moitas espalladas por diferentes puntos da nosa xeografía. A de Compostela que chega á segunda edición, á de Pontevedra que suma xa a número catorce e que se encadra dentro do chamado mes da lingua, polo que se levan celebrando actos durante maio. O Movimento pola Defensa da Lingua (MDL) de O Grove organiza nesta localidade pontevedresa o I Circo das letras que se compón de varias actividades ao redor do 17 de maio coa presenza de diferentes voces portuguesas que, segundo figura no Portal Galego da Lingua, pretenden darlle un aire máis internacional. En todo caso, a maior parte dos actos que se centran na defensa da lingua condensan as súas actividades con contacontos, monicreques e algún que outro concerto. Ás celebracións que teñen o idioma no punto de mira súmaselles tamén o Correlingua, a carreira en defensa do idioma. Con este mesmo sentido celebrouse o sábado en Santiago unha manifestación integrada por catorce asociacións culturais de Galicia e do Bierzo baixo o mesmo lema: Na Galicia imos viver em Galego.
Que non falte a música
Cambados acollerá un concerto da Banda de Música de Castrelo. En San Sadurniño, na sala Dzine estarán Os Ziricollos e os Zarembeques que ofrecerán un concerto folc. Ademais, o pasado sábado tivo lugar na praza de Mazarelos de Santiago, a Festa do 17 que abriu a asociación cultural Gentalha do Pichel. Ademais, sucédense os concertos e actividades en locais e bares de todo tipo e que teñen como pretexto contribuír a que a celebración do día das letras sexa toda unha festa.
Os centros educativos
Se hai un colectivo especialmente sensibilizado co día das letras galegas é o da educación. Desde os centros, desde a Consellaría de Educación, todos se centran en promover material específico sobre a lingua e as obras sobre o autor homenaxeado. De feito, de toda a información que figura na rede sobre Lorenzo Varela boa parte remite ás webs dos centros educativos que fan un perfil bio-bibliográfico sobre Lorenzo Varela. Ademais, a comunidade educativa celebra o Día das Letras con recitais poéticos do alumnado, obras de teatro e concertos didácticos.
Vídeo
Quixo a casualidade que Xan Leira levaba anos interesado na figura de Lorenzo Varela. Por iso, para esta festividade preparou un traballo audiovisual sobre autor, é a curtametraxe Lembranzas de Lorenzo Varela, un documental que recolle os testemuños de diferentes persoas que coñeceron directamente o autor homenaxeado. Non é o único documento audiovisual sobre o autor, xa que existe un documental titulado Lorenzo Varela, un poeta en desacougo. Ademais, a CRTVG renova o seu compromiso co Día das Letras ofrecendo unha programación especial sobre o poeta republicano. Un feito que implica tanto aos seus servizos informativos (nos continuados telexornais) ata os programas como Con C de Cultura, ou A revista.
O exilio
Non debemos de esquecer a faceta de exiliado de Lorenzo Varela. Por iso, múltiples das actividades teñen que ver con esta característica. A Sección de Comunicación do Consello da Cultura presenta hoxe Lorenzo Varela en revistas culturais de México e Bos Aires que recupera e analiza os artigos que Lorenzo Varela publicou en sete relevantes revistas literarias durante o seu exilio en México e Argentina. Un feito que se une a todas as celebración que se sucederán nos centros galegos por todo o mundo, como o Centro de Estudos Galegos (CEGA) de París ou na Casa de Galicia en Tolosa onde actuará o grupo Erguedela.