A fin do Correlingua, presentacións de obras e anticipos da celebración marcan as datas previas ao Día das Letras

Anticipos de letras

Logo de se celebrar onte en Compostela, os actos do Correlingua rematan hoxe en Ourense, logo de visitar esta actividade Lugo, o Salnés, Narón, A Coruña, Pontevedra, o Baixo Miño e Vigo. Mentres, na Coruña presentábase onte o volume “Memoria Incompletas” de Lorenzo Varela que se repartirá o vindeiro martes con “La Voz de Galicia”. Tamén na Cidade Herculina dábase a coñecer a Festa da Cultura, que por segundo ano consecutivo percorrerá as rúas da cidade vella visitando lugares destacados para a cultura do noso país, simultaneando o percorrido con música, lecturas e outros actos. En Ferrol o coro Toxos e Froles continúa coas actividades de inauguración da súa nova sede, un programa que minguou como sinal de dor polos traballadores falecidos no estaleiro Navantia. Pola súa banda, o cineasta Xan Leira presentaba onte en Vigo a curtametraxe “Lembranzas de Lorenzo Varela”, un documental que recolle os testemuños de diferentes persoas que coñeceron directamente o autor homenaxeado.

Máis información en Galicia Hoxe sobre o correlingua e sobre a curtametraxe; en La Voz de Galicia sobre as “Memorias incompletas” e sobre o percorrido cultural; en Diario de Ferrol sobre os actos do Toxos e Froles