A TVG e os editores presentan un DVD dedicado á literatura mentres se sitúa nun terzo do total os lectores de galego

DVD para ler

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Un libro e un DVD que recollen o material do programa “Palabra de autor/palabra de autora” que se emite diariamente na TVG e no que se teñen presentado, entre o ano 2004 e comezos de 2005 cinto vinte e cinco das novidades editoriais galegas deste período. Esta producción pioneira fíxose posible grazas a un acordo entre os a Asociación Galega de Editores e a CRTVG, que anunciaron que en breve formalizarán un novo acordo marco de colaboración. Simultaneamente, a Federación de Gremios de Editores presentou onte o seu informe sobre hábitos de lectura que indica que case un 60% dos galegos recoñece ler no seu tempo libre, e que un terzo destes lectores consumen literatura na nosa lingua.

Máis información en Galicia Hoxe sobre o DVD; sobre os índices de lectura

Que che parece esta nova?
14 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito