O Senado aprobou o martes por unanimidade a iniciativa para que o galego, o basco e o catalán sexan asignaturas optativas en todos os centros de ensino secundario e universidades do Estado. Pola súa banda, os concellos de Santiago, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ferrol, en colaboraración co sindicato CIG-Ensino e coa Asociación Sócio Pedagóxica Galega (AS-PG) e o Instituto para o Desenvolvemento de Software en Galego, presentaron onte a iniciativa Ciberlingua, que achegará o noso idioma a mocidade a través de Internet e da informática.
Case ó mesmo tempo vense de coñecer outra información relativa á presencia do galego na rede. Nun artigo publicado en galego21.org, Isabel Vaquero e Daniel Romero denuncian que nas monografÃas do Libro Branco da Sociedade da Información da Xunta non existe ningunha referencia ó galego.
O Senado
O galego poderá estudiarse en centros de ensino secundario de todo o Estado se o Congreso refrenda a decisión que tomou o senado o martes. O Senado aprobou por unanimidade a proposta da Entesa Catalana de Progrés e o grupo Socialista, co apio de CiU e o grupo mixto.
O Partido Popular aportou o seu apoio logo de que se lle aceptase unha enmenda na que solicitaba a eliminación do texto do apartado no que se sinalaban os fondos necesarios para desenvolver o proxecto. Deste xeito, a aplicación práctica desta iniciativa deberá, ademais de aprobarse no Congreso dos Deputados, agardar a que os orzamentos xerais do estado destinen fondos para ela.
Ciberlingua
Os concellos de cinco das sete maiores cidadades de Galicia asinaron onte un acordo para pór en marcha o programa Ciberlingua, que pretende achegar o idioma galego á mocidade a través do mundo da informática.
O programa desenvolverase de xeito alternativo nos diferentes concellos asinantes, actuando en centros de ensino e cibercafés durante o curso 2001-2002.
As actuacións consistirán fundamentalmente en obradoiros co profesorado e sesións cos alumnos nos que se lles facilitará información sobre as posibilidades de navegación da rede en galego.
Paralelamente editarase un manual, unha guÃa de recursos en galego na rede e un CD-ROM con programas e aplicacións traducidos ó noso idioma polo Instituto para o Desenvolvemento de Software en Galego-Galego21.org
Esta iniciativa parte da xa desenvolvida en Ferrol baixo o tÃtulo "En liña co galego".
O libro branco
E o galego en Internet e nos medios da Sociedade da Información tamén son actualidade por unha nova crÃtica ó Libro Branco da Sociedade da Información en Galicia.
Nun artigo publicado por Isabel Vaquero e Daniel Romero estes investigadores sobre a lingua e Internet galega, sinalaban que no existe nin unha soa referencia ó noso idioma nos textos das monografÃas que conforman o libro e que se poden consultar na rede. Asimesmo, indican que estes textos están tomados case literalmente dun editorial da revista en.red.ando titulado "Las tres lenguas" e no que en ningún momento se fala da situación do galego nin doutras linguas minorizadas na rede.