Un estudo de Vieiros di que un galego gasta 240 veces máis en promover o español que o galego

Cousas das linguas

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Vieiros publica hoxe os resultados dun estudio que asegura que os galegos gastan 240 euros en promover o español por cada euro que lle dedican ao galego. Unha análise que chega por mor do especial que o medio publica sobre o día das letras galegas que este ano se lle dedica á lingua galega. Falando de lingua, a prensa faise eco dunha nova do Concello de Santiago que edita un manual de kurdo con 2.000 exemplares para distribuír en academias privadas, xa que o kurdo non está regularizado no ensino público en Turquía. É unha das medidas anunciadas polo concelleiro de cultura aproveitando a visita a Compostela do alcalde de Diyarbakir, a capital do Kurdistán turco.

Máis información sobre os datos de gasto do galego en Vieiros e sobre o manual de kurdo en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vieiros, Día das Letras Galegas, Lingua galega, Concello de Santiago...