Falar do exilio galego require, as máis das veces, da incómoda tarefa de desbotar unha serie de preconceptos que tradicionalmente viraron arredor da análise da Guerra Civil en Galicia e das súas consecuencias. Nos últimos anos unha serie de investigadores levan traballando, dende diferentes perspectivas, por facer entender que en Galicia, a pesar de non ter existido unha fronte de batalla entre xullo de 1936 e maio de 1939 e de se dar por feito a ausencia dunha oposición á sublevación militar dirixida polo xeneral Franco, orixinouse unha resistencia contra a represión que se viviu en plena Guerra, intensa nos anos inmediatamente posteriores e presente en todo o período franquista.
Máis alá das consecuencias políticas, económicas e sociais que o evento tivo, unha das resultas máis evidentes foi a emigración política dun elevado número de homes e mulleres - a pesar da imaxe de que ese éxodo só foi conformado por elementos puntuais da intelectualidade política, artística ou destacados profesionais cun compromiso republicano activo - . Os galegos que marcharon a partires de xullo de 1936 tiñan dende logo, en maior ou menor medida, un compromiso político e social, adquirido nos anos da II República que lles proporcionara unha educación cívica comprometida con certas ideas de corte progresista. Deste xeito, o exilio afectou a grande parte dos sectores da sociedade galega e foi un movemento de poboación que funcionou cunhas dinámicas diferentes á tradicional emigración económica e que tivera ata daquela como destino principal o continente americano.
A marcha
Os destinos do exilio van estar determinados por varias cuestións: por un lado por razóns de estratexia e avance militar dos sublevados; por outro polas actitudes de maior ou menor predisposición á recepción - por parte de organismos ou estados - fóra das fronteiras españolas; e finalmente polo pouso e as relacións derivadas da tradicional emigración galega.
Mentres a guerra durou, a maior parte das saídas prodúcense a través de Portugal e Francia co fin de chegar á zona republicana. Neste momento as saídas fanse por vía marítima en grandes ou pequenas embarcacións. Aínda así e dende os primeiros momentos houbo quen puido fuxir a América, ben dende Galicia ou dende terras portuguesas.
Co avance das tropas rebeldes o destino primordial e o camiño inexcusable para a maioría foi o paso polos campos de refuxio de Francia principalmente pero tamén do Norte de África, lugares polos que transitaron antes de iniciar a viaxe cara a outros destinos. Grazas á boa disposición de gobernos coma o mexicano á recepción dos refuxiados; aos vencellos familiares establecidos na emigración ou ben pola axuda de organismos de axuda internacional, os exiliados alongaron o seu camiño por Europa e América. No primeiro caso algúns conseguiron permanecer en Francia, Gran Bretaña, Bélxica ou nunha Unión Soviética con milleiros de nenos separados dos seus pais; outros, non soportaron o horror dos campos de exterminio nazis. Os barcos do exilio distribuiron a centos de galegos polo continente americano logo de transitar temporalmente por lugares como A Habana, Santo Domingo ou Nova York. Finalmente foi México o principal país de recepción seguido de Arxentina, Chile, Cuba e os Estados Unidos.
No desterro
Mestres, obreiros, mariñeiros, políticos, escritores, artistas e profesionais liberais fuxiron canda un formidable caudal de riqueza cultural e social. Neste senso hai máis constancia daqueles que levaron unha vida pública, xeralmente ligada á producción cultural, ó xornalismo ou á política. Fóra de Galicia desenvolveuse a política republicana, creáronse órganos de prensa, editoriais, empresas, onde homes e mulleres escribiron, pintaron, actuaron e viviron nunha prolongación dunha Galicia que aquí nunca puido ser. Aquela marcha foi tan longa que marcou profundamente e aínda non se sabe canto ó devir da vida política, económica e sociocultural da Galicia de hoxe.