TVG e os editores galegos asinarán un acordo para promover o libro galego no audiovisual

Libros máis audiovisuais

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O aumento do consumo de televisión e o descenso nas ratios de lectura obrigaron a que os directores dos medios audiovisuais e os editores buscaran fórmulas comúns para mellorar a situación do libro. E o resultado fraguarase nun convenio que a TVG e os Editores asinarán nos días seguintes ao Día das Letras Galegas que pretende promover a presenza do libro galego na pequena pantalla. As formas nas que será posible son múltiples: vai desde a elaboración dun documental sobre a historia da produción editorial en Galicia, e a creación dun espazo específico para informar sobre o tema ata a un maior seguimento na programación.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
15 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, TVG, Día das Letras Galegas, Documental...