Vai xa para dez anos abrÃa as portas na Coruña un curioso edificio. Co aspecto dunha grande casa, o Fórum Metropolitano nacÃa para mobilizar a sociedade a través do ocio e da cultura. Hoxe, convertido nun dos piares da vida cultural coruñesa, o edificio acolle unha boa parte das actividades que se desenvolven na cidade e converteuse en centro do ocio de moitas persoas.
“O edificio comezou hai dez anos, acollendo tamén Servizos Sociais”, explica Begoña Llamosas, actual directora do centro. “Funciona como na actualidade desde hai máis ou menos oito anos”. A peculiaridade que define o centro é a súa multidisciplinariedade. Ten unha biblioteca, pero non é só unha sala de lectura. Ten un teatro pero non é só un espazo escénico. Ten zonas de exposición pero tamén organiza talleres de todo tipo. Proxecta pelÃculas pero é máis do que un cine. “Temos unha aula de acceso a Internet, o Centro Municipal de Información Xuvenil, aulas, un salón social, unha sala de exposicións, dous cines, un auditorio un punto de atención ao desempregado...”, apunta a directora. A idea era concentrar todo tipo de actividades nun lugar que puidese achegar unha alternativa de ocio e de cultura á cidade. “A intención é consolidar un modelo de programa de ocio dirixido á cidadanÃa en xeral”. A creación deste centro ten a súa orixe nunha iniciativa de Francisco Vázquez, o alcalde da Coruña, que se inspirou en experiencias semellantes doutras cidades. “Existen en Vitoria e en Xixón centros semellantes que albergan servizos de diferentes concellerÃas”, sinala Llamosas
Ocio integral
O groso das actividades que se desenvolven no Fórum organÃzanse arredor do programa de ocio. “A xente apúntase dúas veces ao ano, en setembro ou en xaneiro, para as campañas de outono e de primavera, a actividades concretas”, explica a directora. Talleres de arte, de literatura, de historia de creación, de música e de creación pictórica son algunhas da actividades que se ofertan. Nalgúns deles trabállase co contorno máis próximo, tentando pór en valor a propia cidade. “Facemos rutas pola Coruña, pondo de relevo perÃodos históricos ou amosando a cidade dalgún personaxe destacado”, sinala a directora. Ata oitocentas persoas inscrÃbense cada ano nas actividades que organiza o Fórum e achéganse ata este lugar un mÃnimo de dúas veces por semana para participar nalgunha das actividades que se propoñen. “Hai xente que está aà todos os dÃas e mesmo chegou a organizar en grande medida a súa vida en función das actividades do centro” asegura a directora. As actividades de cada un dos talleres crúzanse en propostas puntuais que se artellan arredor dun eixe temático en cada unha destas campañas. Na actualidade, por exemplo, é o Quixote o tema sobre o que se traballa de xeito transversal con obras de teatro, integración do tema en diferentes talleres, música ou lecturas colectivas entre outras propostas.
Fórum das mulleres
“O usuario tipo é unha muller de entre corenta e cincuenta anos”, apuntan desde a organización. “Chegamos a un grupo de mulleres que sempre quixeron facer cousas pero que non tiveron a oportunidade. No caso dos homes, a miúdo é xente que deixou o seu traballo e queren facer algo relacionado ou que lles permita continuar as súas relacións sociais. Son menos arriscados nese sentido”, sinala Llamosas. “QuererÃamos chegar a unha poboación máis nova pero é máis difÃcil porque habitualmente ten un horario máis ocupado por estudos ou por emprego que lles dificultan asistir, por exemplo ás actividades de mañá, pero sempre hai alguén de vinte e tantos e tamén homes, aÃnda que son minorÃa”.
Clubs
Desde a organización do Fórum animan a creación de clubs nos que os participantes se organizan por si mesmo para continuar as actividades que iniciaron nos talleres. Deste xeito, unhas trescentas persoas máis achéganse a este local para desenvolver alà as súas actividades. “Hai cousas que ofertamos e en canto a xente domina algo a técnica deixamos de facelo coma taller e tentamos provocar que teñan un ocio activo e creen un club. En xeral en actividades de artesanÃa e de creación moitos talleres pasaron a ser clubs”, apunta a directora. Deste xeito, clubs de lectura, canastra, tapiz, xadrez... foron nacendo desde o propio Fórum ao longo dos anos, e aÃnda houbo outros que saÃron desde fóra, con xente que busca un lugar onde se reunir e un apoio ás súas actividades (o club de filosofÃa ou o de cine) ou mesmo por encontros entre xente que participaba noutras actividades, como foi o caso do club de sendeirismo.
Asociacións
Ademais das actividades propias, este amplo local acolle presentacións do traballo de diferentes colectivos coma AmnistÃa Internacional, que cada ano organiza aquà unha exposición, a Coral Polifónica A Gaiteira, que achega un taller de pintura xa histórico ou diferentes da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda ou do Ateneo Republicano, por exemplo. “É un espazo que emprega moita xente para facer oferta da súa acción social”, explica Llamosas.
Na escena
A nivel escénico, é habitual que se celebren concertos de música de cara ou jazz, coa actividade Club das Dez, entre moitos outros proxectos. Nas vindeiras datas Carlos Yagüe, Os Cempés, Vento Mareiro, ou Vocalnoise visitarán o escenario deste espacio completando unha oferta musical variada e completa. En canto ao teatro, o máis coñecido é o ciclo “Sen numerar”, que achega á cidade actividades escénicas para un público adulto e no que se inclúen outras artes escénicas coma a danza. O teatro infantil é o outro grande eixe da actividade escénica do local, cun ciclo que conta coa participación de compañÃas internacionais e ao que acoden numerosos centro escolares da cidade. “En teatro a única competencia que hai na cidade é o RosalÃa de Castro, que tamén é municipal, e en cine o CGAI proxecta tamén ciclos en versión orixinal. O que busca o concello complementar esas ofertas, cada un vai buscando o seu oco”.
En breve
Coma proxectos a curto prazo, está en marcha a panificación do vindeiro programa de ocio para o outono. “Queremos achegar novas cousas que nos teñan demandado ou das que teñamos detectado necesidade. Posiblemente aproveitemos como temática o aniversario de Juana de Vega que o concello quere celebrar. Tentaremos rendibilizar asà actividades que se celebren na propia cidade”, destaca Llamosas. Consolidar os ciclos de teatro e de jazz, tentar chegar a novos públicos e tentar consolidar espazos para que os grupos da cidade poidan achegar as súas obras son os obxectivos inmediatos para seguir a ser un punto de encontro da cultura na cidade.