O intercambio de libros en Compostela e un maratón de lectura na Coruña centran a celebración oficial dos concellos ante o Día das Letras

Historias en tres cidades

O Concello de Compostela aposta este ano polo bookcrossing como novidade para a celebración do Día das Letras. No día 16 distribuiranse por diversos lugares da cidade cento setenta e cinco libros en galego ou portugués para convidar aos cidadáns á súa lectura e animar a contribuír con outros exemplares. O Concello da Coruña se sumará á conmemoración das Letras Galegas coa organización o día 12 do IV Maratón de Lectura en Galego, no que colaboran tamén asociacións de veciños, así como entidades culturais e benéficas. As persoas interesadas en participar nesta actividade, que se celebrará na praza da Sardiñeira, fronte ao centro cívico dos Mallos, poderán reservar quenda do lectura no mesmo centro cívico. En Ferrol a Fundación Caixa Galicia comeza o ciclo “Lonxe. Versos galegos de Lorenzo Varela”. Nel a compañía dramática Casahamlet porá en escena os próximos días 10, 11 e 13 de maio este espectáculo poético-musical que comprende os textos de Lorenzo Varela publicados en “Catro poemas pra catro grabados” (1944) e “Lonxe” (1954), a cargo da actriz Eva Veiga e os músicos Bernardo Martínez e Bradam Lourenzo.