O Arquivo do Reino de Galicia recolle nun CD-ROM oito mil documentos sobre os litixios e a vida cotiá dos mosteiros galegos

Mosteiros en binario

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Oito mil documentos que recollen procesos xudiciais ou cuestións de goberno tramitados pola Real Audiencia de Galicia entre os século XIV e XIX poderán consultarse en formato CD-ROM. O Arquivo do Reino de Galicia anunciou a pronta presentación desta publicación dixital, que permitirá aos investigadores da nosa historia coñecer con moita máis facilidade cuestións coma os litixios por terras dos mosteiros ou o xeito en que se gobernaban estas comunidades.

Máis información en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Reino de Galicia, Arquivo do Reino de Galicia, Galicia Hoxe