A Xunta investirá 900.000 euros para rehabilitar mosteiros mentres se paraliza a recuperación do castelo da Rocha por falta de fondos

De mosteiros e rochas

25/8/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A Consellería de Cultura anunciou o pasado venres que investirá novecentos mil euros para recuperar as cubertas, claustros e elementos significativos de varias igrexas e mosteiros. Conxuntos tan importantes coma o de Santo Estevo de Ribas de Sil, Oseira e Carboeiro beneficiaranse desta partida. Mentres, en Compostela, a recuperación da fortaleza da Rocha podería paralizarse se non se consigue o apoio das administracións para continuar a escavación e as intervencións previstas no conxunto. Os arqueólogos encargados da investigación presentarán en setembro un informe á Xunta cos resultados dos traballos realizados ata o momento.

Máis información en El Correo Gallego sobre a recuperación de mosteiros; sobre as escavacións da Rocha

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, El Correo Gallego, Consellería de Cultura, Oseira...