Comeza a rodaxe de “A Atlántida” a película para televisión que protagonizan Nancho Novo e Manuel Lozano

Atlántida na Coruña

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

“A Atlántida” é unha película para televisión que conta a historia dun fillo adolescente (Manuel Lozano) que vive coa súa nai (Mercé Pons) e que se reúne anos despois co seu pai (Nancho Novo) que leva anos dedicándose á música. Trátase da produción que dirixe Belén Macías cuxo rodaxe comeza hoxe na Coruña. Nesta coprodución da coruñesa Formato Vídeo e a catalana Prodigius Audiovisual, Nancho Novo completa a súa faceta de actor coa de músico, xa que a música pertence ao seu grupo “Os castigados sen postre”. A película verase nas televisións autonómicas a finais de ano.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Lozano, A Coruña

Claves

Protagonistas
Lugares