A Xunta presentará un sistema de tradución automática galego-español

Ola = hola

| Santiago.Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

No mesmo momento no que se celebra o "Ano europeo das Linguas", expertos en lingüística e traducción analizan en Compostela as relacións entre a traducción simultánea e os sistemas informáticos. E entre os relatorios e as ponencias do VIII "Cumio Mundial de Traductores Automáticos" destaca a presentación da Xunta do Sistema de Traducción Automática Español-Galego (EsGa). Desde onte e ata o sábado, o Hostal dos Reis Católicos será una torre de Babel automática formada por 300 expertos de 35 países.


Programas ERIAL e ESGA

Dentro do programa do VIII Cumio Mundial de Traductores que se celebra en Santiago destaca a presentación do EsGa. Un sistema informatizado de traducción simultánea e automática Español-Galego do que xa se leva falando en numerosas ocasións. Este proxecto está desenvolvido polo Centro Ramón Piñeiro para Investigación en Humanidades, que depende da Consellería de Educación. Pero non é a única novidade da que vai a informar a Xunta, xa que tamén ofrecerá un repaso sobre o programa Erial, de Extracción e Recuperación de Información mediante Análise Lingüística que está financiado con fondos do Féder e que tiña unha duración inicial de tresanos. O segundo proxecto que se fará público é o do primeiro corups textual do galego actual que acaba de superar a fase de probas.

O polilingüismo de Fraga

O presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, foi o encargado de inaugurar este Cumio de Traducción. E fixo avogando polo polilingüismo ó considerar ridícula a hipótese dunha sola lingua universal xa que "como defendía Castelao, cada idioma é unha visión do mundo". E xa que o congreso abordaba a automatización do proceso de traducción, Fraga tamén adicou unhas palabras á Internet, que introduce unha nova dimensión nas relacións humanas e que "potencia ó máximo a capacidade de transmitir ideas".

Máis ponentes do Cumio

Desde onte 300 expertos chegados de 35 países abordan as cuestións relativas á traducción automatizada no Hostal dos Reis Católicos. Un congreso que ten carácter bianual e que conta coa presencia de personalidades importantes no mundo da investigación en humanidades. Entre os múltiples asistentes destacan o director académico do Instituto Cervantes, Jesús Antonio Cid, quen destacou o uso parcial que se lle pode facer á traducción automatizada que non é aplicable á traduccións de linguaxes artísticas, literarias ou estilística. Ademais, John Hutchins, presidente da Asociación de Traductores Automáticos, ofreceu a súa visión do mundo da traducción dentro do perfil da Internet e da televisión actual, aclarando que era cada vez máis importante o seu uso.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito