Edicións Positivas deixa a Asociación Galega de Editores

Positivas vai por libre

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A editorial Edicións Positivas, dirixida por Paco Macías, formalizou a súa saída da Asociación Galega de Editores. Macías fixo pública entre os editores a súa decisión nun grupo de discusión en Internet pero non quixo facer declaracións a esta publicación sobre os motivos que o levaron a tomar a decisión de abandonar a asociación da que formou parte desde a súa fundación e na que o mesmo Macías foi un dos membros máis activos que mesmo tivo responsabilidades como parte da executiva. O resto dos editores lamentaron a saída de Positivas ao coñeces a noticia. Paco Macías avanzou tamén a Culturagalega.org que a editorial prepara un cambio na súa liña e que buscará estabilizar o número de libros que publica anualmente de acordo coas súas posibilidades.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Edicións Positivas, Edicións Positivas, Asociación Galega de Editores...