As reais academias galega e vasca reclaman máis fondos para desenvolver o seu traballo

Fondos académicos

26/4/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
A xuntanza que os responsables da Real Academia Galega (RAG) e da súa homóloga vasca mantiveron onte na Coruña deu en que as dúas institucións reclamen máis fondos para desempeñar o seu traballo. O presidente da RAG, Xosé Ramón Barreiro, apuntou que cómpre un maior compromiso económico da Administración Central para que estas entidades poidan amosar “que as outras linguas oficiais forman parte do estado igual que o castelán”. Neste sentido, Barreiro apuntou a existencia de problemas á hora de incluír as linguas cooficiais no Congreso dos Deputados.

Máis información en Galicia Hoxe e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Ramón Barreiro, Congreso dos Deputados, Galicia Hoxe, La Voz de Galicia...