Cesar Antonio Molina apunta na súa toma de posesión que o Instituto Cervantes defenderá todas as linguas do Estado

Cervantes falará galego

2/6/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
O novo director do Instituto Cervantes, o coruñés César Antonio Molina, anunciou onte na súa toma de posesión que esta institución “esforzarase en dar a coñecer a riqueza lingüística e as respectivas creacións culturais” que existen no Estado. Molina amosouse contrario a modificar os estatutos da entidade, ao considerar que teñen flexibilidade abonda para responder ás solicitudes que cheguen de academias da lingua, universidades e entidades culturais no sentido de defender as outras linguas oficiais do Estado. O director apuntou que “a partir de agora” o instituto “está aberto a apoiar cantas iniciativas propoñan” estas entidades.

Máis información en Galicia Hoxe e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cervantes, Instituto Cervantes, César Antonio Molina, Galicia Hoxe...