Son unha parte destacada dos restos dos últimos séculos, edificios singulares e voluminosos a miúdo únicos. Lugares que no pasado albergaron fábricas ou almacéns e que na actualidade xa non cumpren a súa función. A recuperación do patrimonio industrial, en voga en Europa, dá os seus primeiros pasos en Galicia con proxectos que dan nova vida a estas vellas instalacións e recupéranas da ruÃna coma un valor para a comunidade.
Nesta altura estamos xa afeitos aos proxectos de conservación e rehabilitación de muÃños, vivendas tradicionais, pazos, mosteiros ou castelos. Tampouco nos sorprende xa a restauración e posta en valor de espazos protoindustriais coma fábricas de curtidos ou mesmo antigos obradoiros para facer papel. No entanto, mentres se implanta e se apoia a valorización de todos estes elementos seculares, toda unha variedade do patrimonio arquitectónico galego corre o risco de desaparecer. A escasa antigüidade do noso patrimonio industrial sitúano fóra das figuras de protección coas que contan edificios máis antigos polo que son contados os casos nos que se opta por recuperar estes espazos e darlles unha nova vida ao tempo que se conservan as súas peculiaridades arquitectónicas.
Historia da recuperación
A idea de considerar as edificacións de carácter industrial como monumentos non é nova. Xa nos anos sesenta en Gran Bretaña comezou un movemento a prol da conservación dalgúns destes espazos, un movemento que rapidamente se estendeu aos Estados Unidos. "As primeiras experiencias a nivel europeo son bastante recentes, falamos de hai dez ou quince anos", explica Celestino GarcÃa, profesor na Escola de Arquitectura da Coruña e destacado defensor deste tipo de construcións. A nivel do Estado, foi Euskadi a primeira comunidade en abordar estas cuestións e desenvolveu entre 1990 e 1994 a catalogación de máis de mil elementos deste tipo datados entre o século XIX e comezos do XX. Pola súa banda, en Asturias está a sede da "Asociación ArqueoloxÃa Industrial, Patrimonio Cultural e Natural" que ten desenvolvido diferentes accións de catalogación e recuperación de instalacións industriais.
Inventario de fábricas
A pesar de que a industrialización galega é comunmente considerada tardÃa e precaria, no noso paÃs non faltan exemplos deste tipo de patrimonio. "Hai exemplos moi singulares. As centrais eléctricas, as industrias conserveiras, especialmente a factorÃa Massó de Cangas, ou as fábricas da Cros en Pontevedra e na Coruña....", apunta GarcÃa Braña. Deste xeito, no catálogo do Docomomo Ibérico, un proxecto promovido por profesionais da arquitectura que pretende inventariar as construcións industriais desenvolvidas no marco do Movemento Moderno, conta con cinco exemplos instalados no noso chan. Celestino GarcÃa é precisamente un dos responsables deste proxecto e foi o encargado de seleccionar para o catálogo o edificio da panificadora de Vigo (1924), a fábrica da Cros de Pontevedra(1954), a factorÃa e as oficinas de Coca Cola na Coruña(1960), a subestación do encoro de Belesar (1963) e unha granxa gandeira de Paderne de Allariz (1965). Pola súa banda, o Plan de Patrimonio industrial posto en marcha polo Estado protexe en Galicia os edificios do arsenal de Ferrol (1747), a Estación Eléctrica do Tambre (1924), a conserveira Massó de Bueu e a factorÃa baleeira desta mesma empresa en Cangas e os viadutos de Redondela (finais do século XIX).
Destinos
A pesar da importancia coa que están consideradas estas construcións, o seu destino é ben diverso. Os silos do edificio da Panificadora salvábanse do derrubamento en Vigo aÃnda no ano 2001 grazas á intervención do Concello e logo dunha intensa campaña cidadá reclamando a súa conservación, sen que polo momento se teña decidido o seu emprego futuro. O viaduto de ferro "Madrid" que pasa por riba de Redondela será recuperado coma paseo peonil sobre a cidade, mentres o outro continuará exercendo a súa función. A fábrica da Cros da Coruña, en ruÃna, permanece á agarda de que se tome algunha decisión sobre ela. Pola súa banda, a instalación homónima de Pontevedra continúa a desempeñar a súa función fabril. Desde o Plan de Patrimonio Industrial favorécese a busca de novos empregos que permitan a integración no seu controrno daqueles espazos xa abandonados.
A necesidade do emprego
"As cousas que non se empregan acaban morrendo", apunta GarcÃa Braña. Neste sentido, o estudoso apunta a necesidade de lle dar novos empregos a estes lugares, ante a imposibilidade fÃsica de os meter en museos, como único xeito de garantir a súa supervivencia. "A idea do museo tradicional é inservible, o obxecto que hai que musealizar convértese, pola contra, nun grande contedor... ineludiblemente faise necesario introducir o concepto de reutilización", explica nun seu artigo sobre esta cuestión. "Os edificios, especialmente estes, son bastante versátiles para acoller diferentes propostas", apunta. Para levar adiante proxectos semellantes, o arquitecto destaca a necesidade de pór en marcha equipos multidisciplinares que aborden a problemática concreta de cada caso e destaca a dificultade de restaurar algúns destes lugares. "A rehabilitación de materiais coma o aceiro, o formigón ou o vidro requiren de novas capacidades de coñecementos, en boa medida aÃnda sen actualizar". Ademais destes problemas, Braña apunta que "non hai regras fixas para trasladar duns casos a outros. Asà coma nos cascos históricos a metodoloxÃa e as liñas de actuación xenéricas son coñecidas, neste tipo de temas non hai un corpo de doutrina que se poida tomar coma guÃa, o que o fai tamén apaixonante".
Fábrica de cultura
A utilización destes espazos como centros de cultura é un dos recursos máis estendidos a nivel internacional. O Concello de Oleiros aplicou esta solución para a antiga fábrica de cervexa do lugar, que se converteu no Centro Cultural A Fábrica. "É un complexo fabril que tivo a súa orixe en 1905" explica Antón Tenreiro, concelleiro de Turismo e Xuventude, que logo de albergar diferentes actividades "abandonouse cara aos anos sesenta". "En 1994 a familia propietaria da ruÃna e do terreo cedeulla ao concello e en 1997 inaugurábase o centro cultural. A idea de empregala con este fin naceu porque o edificio é bastante grande e habÃa que encontrar un lugar no que instalar diferentes proxectos", apunta. Deste xeito a antiga fábrica acolle na actualidade a escolas de música, danza, e remo, unha pequena piscina climatizada, un auditorio, o centro de información xuvenil e as oficinas da concellarÃa. "Acabouse agora a recuperación da oficina de consignas, que albergará unha cafetarÃa e restaurante". Todo isto conservando a estrutura externa do edificio. Ademais "mantivemos a cheminea orixinal coma sÃmbolo do que é a recuperación da fábrica". Conscientes de que, alén das súas peculiaridades arquitectónicas, o lugar ten unha grande importancia na historia local, o concello está a preparar unha publicación na que recolle as diferentes fases polas que pasou este espazo.
Outras propostas
Dun xeito semellante, o Concello de Santiago barallou durante un tempo a posibilidade de empregar a agora abandonada nave do mercado de gando de Salgueiriños para realizar exposicións e actuacións artÃsticas. Nalgúns casos, estes espazos son reutilizados coma museos. Mentres Vigo baralla crear un Museo da Conserva na FactorÃa Alfageme, en Cangas, a antiga factorÃa baleeira de Caneliñas albergará nos vindeiros anos o Museo da Bale,. Este proxecto recupera unha fábrica de 1924 que ata os anos oitenta desempeñou unha actividade de grande importancia para a economÃa da zona. En casos nos que é posible encontrar empregos de tipo cultural para os espazos existen outras alternativas. A central eléctrica que Antonio Palacios deseñou á beira do RÃo Tambre en 1924 é na actualidade un completo hotel rural grazas aos traballos de rehabilitación que se desenvolveron neste lugar ata o ano 2003. A existencia de cinco edificios diferentes foi aproveitada para albergar un total de dezaseis cuartos, conservando o nome que lle daba orixinalmente a cada unha das casas e que lembra a súa función orixinal. Pola súa banda, a nave da factorÃa Massó en Cangas reconverterase nun centro comercial. No entanto, Braña considera que o principal exemplo de recuperación de arquitectura deste tipo que se fixo no paÃs foi a restauración para uso social das vivendas que construÃu en Fontao a empresa concesionaria da minas de Wolfram.
Futuros
A recuperación deste patrimonio é, segundo GarcÃa Braña, "unha cuestión que vai adiante. Debemos pensar que os espazos industriais, a diferenza doutros tipos de patrimonio, continúan a se crear e precisarán, ao perder a súa función, de respostas. "As cidades deben ver a recuperación de espazos deste tipo dun xeito positivo, é unha ocasión para facer un futuro nestas zonas", explica. "Por exemplo agora co posible desmantelamento de estaleiros, as cidades van acceder a uns terreos moi céntricos nos que hai edificios cun valor histórico singular. E iso hai que velo coma unha fortuna", destaca. Dun xeito ou doutro, a cuestión está sobre a mesa, e semella que se vai situando nun lugar destacado. A posibilidade de salvar da desaparición parte do noso patrimonio industrial vai, aos poucos, sendo unha realidade.