A Capitalidade de Santiago contará cun orzamento de dous millóns de euros

Millóns de capital

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
Desde que Santiago foi nomeada oficialmente capital de Galicia creouse o Consello da Capitalidade. Trátase dunha entidade que coordina a administración compostelá coa da Xunta de Galicia para levar a cabo as tarefas que lle son propias por ser capital de Galicia. Pois ben, os rexedores de ambas administracións, Sánchez Bugallo e Manuel Fraga respectivamente, asinaron onte un acordo polo que fixaron o orzamento deste ano en dous millóns de euros. Unha cifra que supera en medio millón o concedido o ano pasado, pero que aínda está lonxe dos tres e medio que pide o Concello.

Máis información sobre as peticións en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Fraga, La Voz de Galicia, Xunta de Galicia

Claves

Protagonistas