Hai un mes, aproveitando a hora da comida, un grupo de ladróns apoderáronse de 25 obras pictóricas que ían ser colgadas nunha exposición no Parador de Baiona. En total subtraéronse obras taxadas en máis de 200.000 euros que os seus donos non poderán reclamar porque non tiñan ningún seguro contratado. Este feito, non é habitual nos museos e institucións do país que aseguran as pezas que exhiben e almacenan.
Cámaras de vixilancia, axentes de seguridade así como pólizas con empresas especializadas no mundo da arte, son os avais dos depósitos e das exposicións dos museos públicos de Galicia. Son a parte menos visible da arte, de feito hai institucións e centros que non facilitan eses datos, pero existen.
A diferenza do que aconteceu en Baiona, onde a exposición se montaba nunha sala anexa ao propio edificio central do Parador de Baiona, as salas das institucións museísticas do país contan de seu cun sistema de vixilancia e medidas ante incendios, ademais de persoal de seguridade que vela tanto pola subtracción como pola integridade da obra que se exhibe. Vixiar unha peza artística non é só procurar que non desapareza, senón que se manteña nas mesmas condicións nas que chegou ao museo.
Coa proliferación da figura dos coleccionistas de obras de arte, que invisten en pezas de gran valor, comezaron a propagarse as mutuas que preservasen este patrimonio. Tanto é así que as aseguradoras abriron divisións específicas para atender a este concepto e naceron como empresas especializadas nestas mutuas. De feito, os termos das coberturas das obras de arte dunha póliza media inclúen: cobertura automática para novas adquisicións, coberturas que inclúe riscos de transporte, cambios temporais de situación, inclusión de préstamos saíntes e entrantes así como a participación en feiras (un feito que afecta, sobre todo a galerías que acoden a este tipo de eventos para vender as súas obras). Coma todo tipo de seguro, cada póliza se axusta ás necesidades dos clientes.
Modus operandi
Asegurar unha exposición implica ofrecer un seguro que cubre todo desde o momento no que se recolle unha obra ata o momento no que se devolve ao seu propietario (sexa individual sexa unha fundación ou calquera outra entidade). Iñaki Martínez, responsable de exposicións do MARCO explica que o procedemento habitual é que nós lle enviemos á nosa compañía de seguros a relación de obras co valor de cada unha, e que con esa información nos pase un orzamento segundo o tempo que teña que cubrir o seguro as pezas.
As contías
Falar do prezo medio dunha exposición é practicamente imposible. Máis que nada porque cada exposición é un mundo, conta con obras de diferente contía, pode ser organizada por diferentes promotores ou que as obras xa teñan un seguro de seu. Aínda así, Iñaki Martínez, aventúrase a ofrecer unha cifra media do custe da seguridade das exposicións do MARCO, nuns mil euros.
Tomando un exemplo concreto, O estado das cousas, unha das últimas mostras que exhibiu o centro vigués, foi unha coprodución entre varios centros que traía obras desde Francia. Nesa mostra, explica Iñaki Martínez, nós pagamos o gasto de transporte desde Francia ata Vigo, logo compartimos os gastos ata Vitoria (o outro lugar no que se vai exhibir a exposición) e eles cobren desde Vitoria ata o seu lugar de orixe. En todo caso, o que o responsable de exposicións do MARCO deixa moi claro é que os seguros non son excesivamente caros, e o que máis encarece unha exposición é o transporte.
Unha vez cometido o delicto
Como a subtracción que tivo lugar en Baiona non tiña seguro, o procedemento é o habitual nun caso de roubo. Denuncia perante a Garda Civil coa relación de obras e confiar en que a benemérita atope as obras ou, no seu defecto aos ladróns. No roubo de Baiona, os ladróns fixéronse co óleo máis caro da colección, un retrato do artista ferrolá Fernando Álvarez de Soutomaior (1875-1960) valoraron nuns 150.000 euros, e uns vintecatro cadros con prezos que oscilan entre os 500 e os 3.000 euros.
Cando existe unha póliza polo medio, explica Iñaki que o primeiro é saber que pasou, revisar as cámaras de seguridade e chegar a unha conclusión, que axude a iniciar dilixenzas. No caso de que se deteriore unha peza, normalmente a compañía de seguro envía un perito que fai a súa taxación. Pode suceder que se deteriore unha obra (por exemplo nun incendio) pero que o artista poida reparala.
Coa progresiva concienciación do valor das obras de arte, aumentou a preocupación por asegurar e preservar a integridade das obras. Para o público en xeral, os seguros poden parecer cousas menores ou pouco relevantes, pero é unha das primeiras medidas que se adoptan á hora de organizar unha mostra.