Xornalistas, institucións e asociación reúnense para falar do autocontrol da televisión

Xuntanzas reguladoras

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Cando se fala dos contidos da televisión actual todo o mundo destaca a necesidade do autocontrol. Por iso, a Asociación de Periodistas de Galicia, institucións e asociacións de productores audiovisuais celebran un foro para falar do tema. Terá lugar o vindeiro venres 22 de abril no hotel Araguaney de Santiago ao que están convidados profesionais e público en xeral. Na xuntanza analizaranse os aspectos relacionados coa aplicación dos acordos asinados polas operadoras de televisión ata o momento.

Máis información no web da Asociación de Periodistas de Galicia

Que che parece esta nova?
11 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociacións, CRTVG, Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG)