A cidadela romana da viguesa Illa de Toralla será obxecto dun plano de investigación e desenvolvemento a partires deste mes de maio que permitirá a recuperación e difusión do seu patrimonio. As escavacións, que comezaron en 1992, serán agora completadas coa elaboración dun proxecto que tamén contempla un estudio amplo e profundo dos vestixios atopados asà como a súa presentación pública tanto no ámbito cientÃfico como no sociocultural xeral, coa edición de guÃas e exposicións ó público.
Xestión e viabilidade
O xacemento, datado entre os séculos III e IV d.C., contempla unha área de mil cincocentos metros cadrados no lugar coñecido como finca Mirabell fronte a praia de O Bao e, segundo consta no proxecto elaborado pola Universidade de Vigo a súa conservación e razoablemente boa. Este proxecto, froito dun convenio que en vindeiras datas asinará o Concello de Vigo coa Universidade de Vigo, non dubida en sinalar a considerable importancia cientÃfica, histórica e de ben cultural que ten este patrimonio arqueolóxico privilexiado que merece unha posta en valor sociocultural. O proxecto tamén abordará a o plano da xestión, promoción e viabilidade, coa idea de que o xacemento, unha vez musealizado garanta o seu funcionamento e unha posible futura autonomÃa económica. As obras no xacemento teñen prevista unha duración de 26 meses, iniciaranse previsiblemente a finais deste mesmo mes de maio e rematarán en xullo de 2004. A intervención terá carácter de proxecto I+D da Universidade de Vigo encargado polo concello vigués e costeado por este último, e estará dirixido polo profesor FermÃn Pérez Losada da facultade de Humanidades de Ourense.
Historia das escavacións
A existencia destes vestixios descubriuse a principios do século XX, e foi a familia Mirambell a que daquela pertencÃa esta finca, quen chamou a atención das autoridades sobre a súa existencia. As exhumacións feitas nese momento permitiron achar vestixios consistentes en estructuras murarias e algún materiais mobles como cerámicas, moedas, etc. Non foi ata o ano 1992 que o Concello de Vigo puido adquirir a titularidade do terreo e comezou a realizar intervencións arqueolóxicas dirixidas a recuperación deste importante patrimonio. Os resultados das intervencións foron recollidos en sucesivos informes de carácter preliminar, a as dimensións e importancia que revelaban levou ó concello olÃvico a pedir a unha empresa especializada en patrimonio arqueolóxico a elaboración dun proxecto integral de musealización e xestión do xacemento. Este proxecto, presentado en 1997 pola empresa Tomos S.L. contemplaba un plano director de actuacións a seguir acompañado do correspondente orzamento e recomendaba a creación dunha coordinación ou dirección xeral, única e centralizada para o seu desenvolvemento. Esta recomendación foi a que levou a membros da ConcellerÃa de Patrimonio Histórico a poñerse en contacto coa Universidade de Vigo para a creación desta coordinadora que contará con máis de trescentos mil euros para este traballo.
Muro reformado
Outro xacemento que é tamén actualidade é un novo tramo da muralla medieval achada en Pontevedra coas escavacións realizadas na cidade. Un novo achádego no cruce das rúas Michelena con Gutierrez Mellado, a poucos metros de achádegos anteriores, resultou sorprendente polas súas caracterÃsticas diferenciadoras, ademais de por revelar que anteriores intervencións urbanÃsticas non respetaron axeitadamente o patrimonio histórico da cidade. O novo tramo de muralla ten un grosor moi inferior o da parte medieval achada anteriormente e, segundo informa o Diario de Pontevedra, atopáronse tuberias e cemento que cruzan a ringleira de pedras, froito probalemente das obras realizadas no ano 1999 no mesmo sitio. Os arqueólogos encargados neste caso presente determinaron que os restos corresponden cunha reforma da muralla datada do século XVII, e non do XIV como a muralla orixinal.