A Feira do Libro iniciará o seu percorrido a finais do mes de abril con trinta postos

Libros por adiantado

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Do mesmo xeito que as Festas da Ascensión, a Feira do Libro tamén adianta a súa celebración este ano. Precisamente coa intención de coincidir con estas celebracións locais, este evento iniciará a súa andaina en Compostela a última semana do mes de abril. Trinta postos, dos que dezaoito serán de libreiros, comporán esta edición un número inferior ao de anteriores edicións. O coordinador da Feira, Antón Pedreira, apunta que, ademais do descenso de participantes, desta volta contan tamén cunha menor achega económica da Consellaría de Cultura.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira do Libro, La Voz de Galicia, Santiago de Compostela

Claves

Entidades