O proceso de clasificación dos arquivos do concello da Pobra do Caramiñal deparou grandes sorpresas para Ana Álvarez Villar, encargada desta tarefa desde hai dous anos. Unha ampla colección de documentos datados desde o século XVIII que aportan importantes datos para coñecer a historia do lugar. A concellería de Cultura pretende agora organizar unha exposición para que os veciños poidan coñecer este legado. E mentres, en Porto preséntase hoxe a edición realizada polo ourensán Manuel Moleiro do "Atlas Universal de Diogo Homem" un dos principais documentos cartográficos do século XVI.
Os papeis do soto
As tarefas de catalogación do arquivo do Concello da Pobra do Caramiñal, instalado no soto da Casa Consistorial, permitiu descubrir unha ampla colección de documentos dos dous últimos séculos que conteñen destacados datos sobre a historia da zona. Estes documentos atopábanse totalmente desorganizados, en moitas ocasións gardados dentro doutros expedientes ou en caixas, e aínda están pendentes dunha catalogación e restauración seria.
Entre o material atopado cóntanse documentos tan curiosos coma un cartel da Guerra Civil con recomendacións para protexerse de ataques aéreos, o documento de adquisición do reloxo do concello en 1907, planos de deslinde, rexistros de propiedade de embarcacións con fotografías das mesmas ou listados de reclutamento desde 1897 a mediados do século XX. Ademais, apareceu un acta na que se constalta que Valle-Inclán foi presidente do Sindicato Agrario Católico Obreiro, selos de Alfonso XIII, unha lista con todos os notarios que houbo na Pobra no século XVIII e diferentes actas de impostos que permiten coñecer a producción agrícola do concello entre os séculos XVIII e XIX.
O concelleiro de Cultura da Pobra Antonio González, que presentou estes achados o pasado mércores, anunciou a súa intención de organizar unha mostra cos documentos máis curiosos para permitir que os veciños coñezan mellor a súa historia colectiva.
Un novo vello atlas
O editor ourensán Manuel Molerio, afincado en Barcelona e especializado na edición facsímil de obras antigas presenta hoxe en Porto a súa edición o "Atlas Universal de Diogo Homem", considerado un dos principais documentos cartográficos do século XVI.
O orixinal deste volume atopábase en San Petersburgo, onde viaxou Moleiro para coñecer o volume. Catro anos despois edita unha obra que, segundo el, reproduce fielemente o orixinal "en cor, tamaño e olor". O libro recolle dezaseis mapas de distintas partes da terra, un calendario, un círculo zodiacal e unha táboa astronómica. Ademais, inclúe un estudio introductorio a cargo da xefa do Departamento de Cartografía da Biblioteca Nacional de Rusia e do director do Centro de Estudios do Mar Luis de Alburquerque de Portugal.
Este é o segundo atlas con máis mapas editado no século XVI logo do "Atlas Mundial" do mesmo autor.
Diogo Homem está considerado comaun dos máis importantes xeógrafos da súa época, e foi autor de coe atlas e de once cartas naúticas.
A presentación deste documento realízase na Biblioteca Municipal de Porto este mesmo mediodía coa presencia do historiador e profesor da Universidade de Coimbra Alferdo Pinheiro e do doutor Joaquim Ferreira do Amaral, ademais do propio editor.
Manuel Moleiro está considerado coma un dos principais editores de facsímiles de todo o mundo, contando no seu catálogo con reproduccións de obras tan destacadas coma o Beato de Liébana.