En 1834 Domingo Fontán publicaba a Carta Geométrica de Galicia, o primeiro mapa moderno no noso país que foi empregado por Otero Pedrayo coma metáfora do espertar da súa xeración ó galeguismo. A realización deste mapa levoulle a Domingo Fontán vinte anos da súa vida e foi durante moito tempo unha referencia fundamental para coñecer a xeografía do noso país. Sen embargo, e a pesar do famoso que é o mapa, as cartas, manuscritos, instrumentos e outras ferramentas do seu autor continúan en Madrid en mans dos descendentes do xeógrafo, segundo revela hoxe "Faro de Vigo".
O vello mapa
Se lle pedimos a alguén que pense nun mapa antigo do país, o máis probable é que lle veña a cabez o realizado entre 1814 e 1834 por Domingo Fontán. Un vello mapa, con certas inexactitudes, pero que foi a primeira carta moderna da nosa comunidade.
Para realizar este mapa, Domingo Fontán relizou unha reangulación do país empregando as parroquias coma puntos de referencia fixos, viaxando a cabalo e facendo medicións por todo o país. Domingo foi pouco a pouco anotando a lonxitude e a latitude dos distintos lugares, unindo as súas anotacións ata debuxar a Carta.
Á hora de reproducila tivo que enviala a París, onde se fixeron doce pedras litográficas que ían ser mercadas polo estado que finalmente foron doadas ó Instituto Xeográfico e Catastral no ano 1800. O mapa orixinal desapareceu durante a Guerra Civil.
O legado en Madrid
Os cadernos coas anotacións manucritas de Domingo Fontán, algúns dos seus instrumentos de medición, unha garnde parte da úa correspondencia e outros documentos consérvanse hoxe en Madrid na casa de César Camargo, tataraneto do cartógrafo.
Camargo, que está a catalogar o legado que lle cedeu a súa nai Everilda, sinala que existe un esquecemento sobre a figura do seu antepasado en Galicia. S egundo recolle "Faro de Vigo", o tataraneto de Fontán afirma que "só algúns manuscritos foron publicados nos anos cincuenta polo Instituto Padre Sarmiento" e só no Museo de Pontevedra se conserva unha mostra de obxectos do seu antepasado.
Da banda da familia só se cedeu á Universidade de Compostela o retrato de Domingo realizado en 1800 por Esquivel.
O cartógrafo
Domingo Fontán naceu en Caldas de Reis en 1788. Estudiou Dereito, Filosofía, Teoloxía e outras materias a Universidade de Santiago e foi profesor de Lóxica e de Matemáticas. Logo de realizar o seu mapa, en 1836 foi deputado en Cortes e dirixiu o observatorio astronómico de Madrid ata 1840. Presidiu a Real Sociedade Económica de Amigos do País ata a súa morte en 1866 en Cuntis, estando os seus restos no Panteón de Galegos Ilustres.