Galicia está máis humana que nunca. Logo de que o hai dous anos se lle recoñecese á muralla lucense o seu título de Patrimonio da Humanidade, Ferrol (polo conxunto histórico do Areal) e agora A Coruña (pola Torre de Hércules), súmanse ó carro de candidaturas. E non sen polémica, porque segundo a Real Academia de berlas Artes, a UNESCO non admitiu a candidatura do faro coruñés polas súa remodelacións. Unha petición que, segundo publica o xornal coruñés, La Opinión, non atopan nos seus arquivos nin o Minsterio de Cultura nin a sé do organismo internacional en Madrid, que din que non houbo tal petición, senón que se debeu limitar a unha consulta formal.
Faro reconstruído
A polémica na Coruña está servida. Cando a semana pasada se deu acoñecer a creación do Instituto de Estudios Torre de Hércules, todos tiñan en mente que era un camiño difícil o de conseguir que a Torre fose declarada canditato (xa non digamos conseguir o galardón) como Patrimonio da Humanidade. E iso se servía de precedente o feito de que non era a primeira vez que se intentaba. A outra vez fora no 96, nun intento que fixo A Real Academia de Belas Artes e que, segundo o seu responsable, Julio Argüelles, obtivo unha resposta negativa. Sen embargo, hoxe o xornal "La Opinión", publica que nin na sede que a UNESCO ten en Madrid, nin o Ministerio de Cultura teñen tal petición. De feito, afirmaron que non se presentou formalmente ningunha petición desde A Coruña para que o lexendario faro romano fose considerado. De feito, fontes destes departamentos, "como moito se limitaron a unha conversación informal".
Os argumentos que desde a Academia de Belas Artes se argumentaba e pola que foi denegada a súa candidatura era o feito de que o faro foi reconstruido no Século XII polo arquitecto Gianni. Un feito que é certo e que dificulta moito as súas posiblidades perante a UNESCO. Pero non só iso, senón que pretende agora limitar o número de obras españolas (para diversificar a súa lista) e o seu carácter (de feito agora potencian ou priman os enclabves naturais e os cascos históricos). E iso fai que o Instituto de Estudios Torre de Hércules teña máis complicado o seu labor.
Ferrol é tamén candidata
O conxunto histórico de Ferrol e os castelos da Ría de Ferrol tamén prentenden ser declarados como Patrimonio da Humanidade. E iso é unha decisión que tomaron hai un ano a Real Academia de belas Artes Nosa Señora do Rosario. Desde entón todo o seu traballo (a diferencia do da Coruña que proxecta medidas máis populistas, ó estilo lucense) céntrase en recabar apoios desde diferentes institucións (entre as que se inclúen o Colexio de Arquitectos, o Colexio de enxeñeiros industriais, o Colexio de Xornalistas, asociacón europeas como Rendoc, o Eixo Atlántico, e a última adhesión é a do Museo de Pontevedra.
Proceso
Conseguir ser Patrimonio da Humanidade é, ademais de arduo, un proceso duro, entre outras cousas porque implica unha serie de trámites que son moi latosos. En primeiro lugar hase de elaborar unha proposta que deberá ser presentada ó director xeral de Patrimonio da Xunta, Ángel Sicart, que é a persoa encargad de elevala ó Consello Xeral de Patrimonio (órgano formado polos directores xerais de Patrimonio das dezasete autonomías e pola ministra de Cultura, Pilar del Castillo). Este consello implica a primeira criba ós posibles candidatos a Patrimonio da Humanidade e presentarlos ante a Unesco. É a coñecida como "lista tentativa" (na que agora mesmo está a Ribeira Sacra). Despois, esa lista será revocada e convertirase nun listado oficial. Logo chegará o recoñecemento da UNESCO dos que son oficialmente candidatos. Nesta fase técnicos da UNESCO viaxan ás cidades e lugares como candidatos para avalialos. Así ata a declaración oficial.