Oitenta mozos da Terra Chá crean a primeira banda sinfónica comarcal

Un novo criterio comarcal

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
A Banda Sinfónica da Terra Chá ten como principal peculiaridade que está composta por oitenta rapaces que son orixinarios da comarca. É a primeira banda destas características e a iniciativa é posible grazas a Aurelio Chao, director do Conservatorio de Vilalba, onde ensaian os rapaces. A Banda está formada por 30 clarinetes, 16 saxos, tres óboes, cinco frautas, 20 metais, 6 percusionistas e 3 fagots. O debú da Banda terá lugar o domingo 27 no auditorio de Vilalba, ao que lle seguirán os concertos en catro concellos da comarca.

Máis información na edición de hoxe de El Progreso

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vilalba, El Progreso

Claves

Entidades
Lugares