Ir Indo recupera a biografía de Curros e AGAL o poemario de Guerra da Cal

Publica, publica

As publicacións proliferan nestes días de verán. E hoxe presentamos dúas novas. En primeiro lugar unha biografía de Curros Enríquez que a editorial Ir Indo publica dentro da colección "Galegos na historia". E en segundo lugar, a Associaçom Galega da Língua (Agal) fai o propio co "Caracol o Pôr-do-sol", o poemario póstumo do ferrolán Ernesto Guerra da Cal. Libros de verán.


A biografía de Curros Enríquez


Da man da editorial Ir Indo, Xosé Benito Reza, acaba de publicar "Manuel Curros Enríquez. Xornalista, precursor, poeta civil. O gran rebelde". Unha obra que fai fincapé nos aspectos biográficos do poeta celanovés. A obra tamén afonda neses aspectos máis conflictivos da vida do escritor do "Divino sainete", eses que relatan o seu exilio a inglaterra. Unha marcha que enfronta a moitos dos seus biógrafos. Nesta obra, Benito Reza decántase pola hipótese de Carballo Calero, que di que esa viaxe foi relatada por escrito en vida do propio autor.













Agal con Guerra da Cal





O ferrolano Ernesto Guerra da Cal (Ferrol, 1911- Lisboa, 27 de xullo de 1977) é un dos poetas galegos do século XX que ten unha maior proxección internacional cunha obra difundida en tres continentes. Ademais de ser eloxiado pola crítica de diferentes países, consagrouse como científico de renome internacinal en Estilística e Literatura Comparada.
Agora, a Associaçom Galega da Lingua (AGAL) acaba de publicar "Carcaol ao Pôr-do-sol", o poemario póstumo do ferrolano, datado de 1991.