fin de semana 18/03

Os misterios ficcionados por Dan Brown seguen traendo cola e o cronista do mundo fantástico, Fran Morell, dá conta destas e outras noticias arredor do xénero máis imaxinativo tanto en literatura como en cine. Todo en “Os 7 Fantásticos”. Os Diálogos Búmerang de Xosé Manuel Lens xóganse nesta ocasión con Antía Moure, unha das máis prometedoras autoras do presente creativo galego. A revisión da traxectoria de Xaquín Marín reafirma a vixencia e actualidade de todo o seu traballo ao longo destes “Trinta anos de humor gráfico”. Engádelle a toda esta oferta unha longa lista de Pasatempos para elixir con cal pasar o tempo mellor.