Os restos soterrados do antigo mosteiro de San Pedro, en Compostela, darán lugar ó primeiro parque arqueolóxico da cidade de prosperar o proxecto que está a desenvolver o Concello. Mentres, a descuberta en Vigo dun xacemento da Idade de Bronce está a animar ós dirixentes locais a crear un parque que conserve os restos e expoña ó público a riqueza arqueolóxica da zona. Tamén da Idade do Bronce son os restos do xacemento cambadés de Sete PÃas, descuberto hai un ano e sobre o que se voltará a traballar en breve buscando novos datos sobre ese perÃodo no paÃs. e, falando dun patrimonio xa máis achegado, vimos de coñecer dúas iniciativas veciñais en Vilalba e en Vilaboa para conservar construccións tradicionais.
Poñer o mosteiro ó aire
As prospección arqueolóxicas realizadas pasado verán nas proximidades da compostelá igrexa de San Pedro deron fe bo estado de conservación dos restos do antigo mosteiro situado no lugar. Agora, vista a importancia destas ruÃnas do século XI, o Concello quere modificar o plano de remodelación da praza que os cubre e transformar a zona no primeiro parque arqueolóxico de Compostela, situado en pleno casco urbán e á beira do tradicional Camiño Francés.
A realización deste parque suporá a exposición pública dos restos atopados, o desenterramento das ruÃnas e a instalación de paneis explicativos que amosarÃan a expansión urbana da cidade e a importancia do mosteiro neste proceso durante o século XI.
Tamén se baralla a posibilidade de realizar unha segunda excavación na zona para recuperar os restos do cemiterio existente no lugar.
Os restos localizados ata o de agora corresponden os pilares da antiga igrexa do mosteiro, que xa foran catalogados en 1962 por José Guerra Campos con ocasión dunha anterior remodelación da praza.
Os restos do bronce
As prospeccións arqueolóxicas realizadas no terro do aparcadoiro da Facultade de Ciencias do Campus de Vigo veñen de dar cun xacemento arqueolóxico da Idade do Bronce consistente en nove foxas escavadas no substrato natural do terreo, unha das cales era empregada coma un silo de alamcenaxe de alimentos. Ademais, atopáronse vestixios de estructuras de madeira edous muÃños de man, datando todos os restos de hai uns tres mil anos. O estudio tamén revelou que as dúas terceiras partes do xacemento desapreceron por causa das obras unha estrada próxima. Desde a Unidade Técnica da Universidade de Vigo vense de propor a musalización da zona para acadar unha maior proxección entre a cidadanÃa. A idea inicial é pechar as foxas cunha estructura de vidro, garantindo a conservación dos restos.
Tamén son da Idade do Bronce os restos atopados hai un ano en Sete PÃas, Cambados, e que serán escavados de novo en breve logo de que a ConsellerÃa de Cultura anunciase o investimento de trinta mil euros neste proxecto. Con esta excavación preténdese incrementar o coñecemento sobre esta época da que apenas hai vestixios no paÃs.
Patrimonio dos veciños
Vilalba acollerá en breve unha mostra fotográfica que recolle parte do traballo de investigación sobre o patrimonio que desde hai tres anos veñen realizando un grupo de rapaces dentro do Instituto de Estudios Chairegos. Neste tempo catalogaron cincuenta e catro cruces e cruceiros e vintoito muÃños, algúns dos cales non eran coñecidos oficialmente con anteriordiade, e diferentes mámoas, castros e capelas da zona.
Tamén en Vilaboa os veciños están a mobilizarse pra recuperar un forno de cal de comezos do século XIX, unha das escasas construccións deste tipo existente en Galicia e que se atopa actualmente en estado de abandono.