Nos últimos anos o cine foi testemuño do noso país. En Mar adentro puidemos ver unha vista aérea pola Serra do Barbanza pouco inusitada; da man de Jorge Coira visitamos os escenarios urbanos de Lugo e sentimos medo en San Andrés de Teixido con A promesa de Héctor Carré. Exploramos Galicia a través da nosa butaca e aproveitamos estas tres producións para ofrecerche tres itinerarios que non debes perder.
Os gañadores de sendos Óscars, Alejandro Amenábar e Pedro Almodóvar, así como realizadores da talla de Fernando León ou Manuel Gutiérrez Aragón son só algúns dos nomes que se desprazaron ata a Galicia para rodar as súas últimas producións. Á marxe das axudas da Consellería para facilitar as rodaxes no noso país e así como o nacemento e popularización das Film Commission (oficinas de rodaxe), o certo é que Galicia se está a converter nun plató de cine amparado por un contorno privilexiado e moi variado.
O sitio web da Galicia Film Commission lista unha cinematografía con 63 títulos rodados no noso país, unha cifra que está sen actualizar e que da para pensar o número de referentes cinematográficos que proporciona o noso contorno.
O Barbanza de mar adentro
Toda a historia de Ramón Sampedro tivo lugar na península do Barbanza, aínda que nun principio Alejandro Amenábar pensou en rodar a película en Irlanda. Desde Compostela, collendo a AC 543 ata Sampaio, e logo direción Noia (AC 311). Ao pasar esta vila en dirección Porto do Son, hai unha parada obrigatoria: o castro de Baroña, unha espectacular acrópole costeira do século I d.C. Logo chegamos ata a parroquia de Xuño, onde se atopan tanto a casa real como a recreada para a película de Ramón Sampedro. Un lugar moi destacado como parada nun roteiro porque é un exemplo dar arquitectura popular que destaca polo contorno ambiental cercado polo río Sieira e no que se ergue unha ponte romana de gran valor estético e arqueolóxico. De feito, nesta zona téñense atoparon restos que contan con seis mil anos de antigüidade. Nesta zona, aínda que non se ven no filme, hai outras xoias arqueolóxicas como dúas columnas románicas, así como un arco do templo de xuño (datan do século XII).
En toda esta costa norte do Barbanza fórmanse fermosas lagoas nun territorio protexido de 56.000 metros cadrados. De feito, a película amosa en varias ocasións algúns dos areais máis destacados desta zona. Trátase da praia das Furnas, lugar no que Javier Bardem recreou o accidente de Sampedro. Case un quilómetro de praia illada de area e rochas nun paisaxe ideal para perderse.
A estrada de Ribasieira que arranca á saída de Xuño brinda un percorrido con vistas panorámicas que podería ser semellante ao que Amenábar recrea no voo de Ramón pola Serra do Barbanza. Arranca desde a cima do monte Enxa, o cumio máis alto da serra e que hoxe en día acolle a sede do Centro de Salvamento Marítimo de Fisterra. Dende o alto destes montes, todo o Barbanza, a ría de Muros e Noia contémplase na súa maxestuosidade. Cruzando a serra pódese admirar un dos complexos megalíticos máis importantes de Europa, onde figuran reliquias como a Arca do Barbanza, o segundo dolmen máis grande de Galicia ou mirar na distancia as lendarias Dunas de Corrubedo. No alto da serra, se chegamos ata a Portela, pódese contemplar o descoñecido canón do río Pedras. Desde aquí poderás iniciar un suave e longo descenso que nos levará a pasar polo O Castelo, seguindo o curso do río San Xoán, deixando á esquerda o canón do Barbanza. E de aí ao vello convento de A Miserela, fundado por uns monxes irlandeses na Alta Idade Media que esculpiron o barco no que chegaron na mítica Barca de pedra de San Xoán. Nas inmediacións os máis aguerridos poderán bañarse nas piscinas naturais na confluencia co río Pedras. De aí, cruzando a ponte romana da Miserela (s. XIV) poderán divisar un petroglifo esculpido nunha pedra granítica de pequenas dimensións. Se, cansados do camiño, queremos solazarnos, podemos probar pouco máis abaixo, o primeiro albariño que se produce nesta terra, na Casa rural Entre os ríos.
Ou vas de morto ou de Vivo
A película de A promesa, candidata a 14 premios Mestre Mateo que se entregan este domingo conta a historia de Celia (Carmen Maura) que coñece a un personaxe e decide cambiar de vida cunha nova identidade, aínda que segue atormentada polos seus particulares fantasmas. A película dirixida por Héctor Carré (A Coruña, 1960) tiña, pola súa propia característica narrativa, un escenario claro: San Andrés de Teixido. Conta o propio realizador que mentres debuxaba o story board pensaba que as localizacións me obrigarían a desbotar os debuxos, por iso tratei de debuxar soamente a relación das personaxes coa cámara, sen establecer unha relación determinante cos fondos (a excepción de San Andrés de Teixido, que xa estaba predeterminado). Pero as localizacións establecidas polo seu equipo de producción crearon un ese ambiente que, como di o realizador linda entre o sobrenatural, o máxico e o simplemente incomprensible, que é o territorio onde reina a tolemia. Con A promesa iniciamos o noso percorrido no concello de Cariño, que está situado no norte da provincia da Coruña, entre a Serra da Capelada e o Cabo Ortegal.
O templo cristián máis antigo do concello é a igrexa de Santa María da Pedra, situada no centro desta parroquia e un dos escenarios nos que transcorre a acción. Pero moi preto poden verse tanto a capela de San Xiao, edificada sobre un asentamento romano como a igrexa de San Pedro de Feás, construída no século XVIII. Doutra parte, no pequeno casal da Vacariza podemos contemplar dúas xoíñas da arquitectura popular: o cruceiro do Cristo de Barbás e o hórreo da Vacariza. Para a realización do cruceiro, erguido en 1938 un tipo de pedra propia da comarca (toelo). Como se nos di no sitio web do Concello de Cariño o hórreo é relativamente antigo, foi construído con tixolo e cemento e diverxe da estructura clásica dos piornos da zona: os furados son trapezoidais e a súa cuberta está coroada cunha liña decorativa de figuras xeométricas en cerámica.
Abondan tamén os pazos señoriais, os muíños asentados nas ribeiras dos ríos Lourido e Seixo- e as fontes -entre as que destaca a do Campo- entre outras moitas construccións que converten a estancia en Cariño.
Deixamos Cariño e collemos a C2205 ata San Andrés de Teixido. Conta a lenda que Santo Andrés, un dos doce apóstolos de Xesús, chegou en barco ata os acantilados de Teixido. Alí, emborcou a embarcación e quedou convertida nunha rocha coñecida como A Barca de San Andrés. Ninguén lle prestou axuda pero Deus prometeulle un santuario e unha romaría que duraría ata o fin do mundo e no que vivos ou mortos haberían de acudir. Un ambiente e unha localización moi propicia para o tema que se aborda en A Promesa. Do Santuario romano, situado nun dos múltiples acantilados que cómpre ver na zona de Cedeira, collemos cara Coruña (primeiro ata Neda e logo a N642 ata a Coruña para ir ata Santiago). A capital de Galicia achega as paisaxes máis urbanas de A promesa coa Facultade de Ciencias da Comunicación, cos exteriores do barrio de Vista Alegre e co mercado o ensanche que está na zona urbanizada nos anos oitenta da cidade. Pero co exterior da Igrexa de San Xoán iniciamos un percorrido polo mundo das casas señoriais. Aínda que non o pareza, na película saen tres pazos diferentes: O pazo de Cotón en Negreira, o Pazo de San Lourenzo en Santiago de Compostela e o pazo Torrecedeira en redondela. Este último xa é un escenario habitual de localizacións, que xa serviu de escenario para a longametraxe A noiva de Media noite (1997) dirixida por Antonio F. Simón.
¡E por último Lugo!
E a gran rival para os Mestre Mateo deste domingo é O ano da Carracha, a primeira longametraxe de Jorge Coira. Con 14 candidaturas a película é un percorrido pola cidade de Lugo. Ao igual que Trece Badaladas ou Lena percorrían outras dúas cidades ben recoñecibles, Santiago e Vigo, respectivamente (en Os luns ao sol aparece un Vigo desdebuxado), en O ano da carracha a cidade da muralla é case un protagonista máis. De feito, faremos un breve roteiro polas localizacións da película. Lugo é unha cidade que respira románico por todas as súas rúas (onde se continúan a facer prospeccións arqueolóxicas) e por todas as súas prazas. Nós comezaremos o percorrido pola Praza do Ferrol situada ao pé da muralla e onde apareceron sesenta e sete enterramentos de incineración de época altoimperial. Moi preto está a Igrexa de San Froilán que non se ve no percorrido no que Javier Veiga lle vai explicando a Feliz Gómez a súa filosofía de vida. Pasan por diante do Ambulatorio e soben por un dos seis accesos que hai habilitados ao paseo da muralla (do outro lado está a porta falsa que non se debe deixar de visitar). Unha vez que as dúas carrachas chegaron ao cumio da muralla vese unha vista nocturna espectacular sobre o casco histórico lugués. De día as vistas son aínda máis sorprendentes porque permiten identificar as múltiples igrexas coas que conta a cidade: a de San Pedro, a da Soedade, a de San Domingos e a Igrexa de Santiago A Nova (S. XIII).
O ano da carracha tamén deixa ver tamén a catedral, unha das menos coñecidas do románico do estado e que é sorprendente. Deixando de lado a historia dun edificio que sufriu numerosas modificacions hai un par de cousas que de visita obrigata: a capela da Virxe dos Ollos Grandes, o coro renacentista, o retablo de Cornelius de Holanda e un orixinal tímpano na Porta Norte. Fronte á Catedral atópase o Palacio Episcopal, do século XVIII. Ambos os dous edificios conforman a Praza de Santa María, unha das máis fermosas da cidade. Moi preto está a praza Maior que, co bo tempo, se enche de terrazas e de cafeterías onde facer un alto no camiño.
En Lugo hai centos de vestixios romanos (desde as termas que se agachan no interior do edificio do actual balneario ata o Mosaico de Armañá, chamado así pola rúa na que apareceu) que merece a penar visitar. Polo demais, cómpre un paseo polas rúas máis emblemáticas da cidade, a da Raíña, Quiroga ballesteros, a da Cruz que foron localizacións da película. Unha longametraxe que tamén tivo espazo para as facultades de veterinaria e empresariais, a biblioteca intercentros, e polas avenidas máis amplas de Lugo.
Son tres filmes que están de actualidade, pero hai tantas rutas como películas rodadas en Galicia. Vai polo teu videoclub e logo da unha volta por algún dos lugares nos que se rodaron. ¡Sentiraste de película!