O máis destacado dos guionistas da BD galega actual explica a súas impresión sobre a situación da novena arte no noso país.
¿Cómo ves a situación actual da banda deseñada en Galicia?
É un bo momento para a banda deseñada, aínda que houbo intres de máis movemento a principios dos 80. En canto a posibilidades de creación está mellor que noutras datas, a pesar diso, o mercado segue sendo pequeno e as perspectivas laborais pasan sempre pola emigración, xa nin sequera ó mercado español senón ó mercado francés ou sobre todo o norteamericano.
¿Cres que é mellor a existencia de moitos fanzines ou a existencia dunha soa revista de calidade?
Os fanzines son necesarios porque é onde todo o mundo se foguea. Non se pode pretender que a xente teña calidade profesional sen máis. O que acontece é que hoxe en día estase fanzineando todo, ó final a maioría dos autores teñen entre dezaoito e vinteseis anos, e estou falando do caso español. No momento en que teñen que gañar a vida, deixan de debuxar e veñen outros novos, e estamos nun permanente amateurismo.
¿Cal consideras que é a iniciativa máis destacada no xénero en Galicia?
Creo que as iniciativas máis destacadas son a creación de revistas porque son o soporte gráfico sobre o que os creadores poden mellorar e rodarse. Por esa banda está o proxecto de Golfiño, que eu penso que a mágoa é que non poida chegar a máis xente, quizais o seu prezo sexa unha dificultade. Unha iniciativa que me parecía moi boa e complementaria con esta era a de Elipse, que dirixía Miguelanxo. En canto a producción de albumes é case un labor de francotiradores. Non hai unha producción real, e casos coma o de Fran Jaraba son directamente apostas persoais, e un mercado non se pode soster con apostas persoais.
VAISE ACEPTANDO A BANDA DESEÑADA. SÁBESE QUE HAI XENTE MOI BOA, PERO NON SE COÑECE A SÚA REPERCUSIÓN NO EXTERIOR
[A aceptación da banda:
O primeiro que ten que haber para a aceptación da banda deseñada é respecto e cariño pola lectura. Cómpre tamén que exista unha cultura audiovisual desenvolvida, ó fin e ó cabo non é máis que unha linguaxe diferente. En Francia fíxose un estudio que demostraba que a xente que lía banda deseñada na infancia e continuaba léndoa de adultos era a xente que máis libros lía. Non é o tema de sempre de "onde hoxe hai un cómic mañá haberá un libro". Non, mañá haberá dous cómics, tres libros e catro películas. Simplemente se che gusta ler, gústache ler, sexa con imaxes ou con palabras. A xente vai aceptando a banda deseñada, sóalle Miguelanxo Prado, sabe que hai xente moi boa, pero non coñece a repercusión deses autores fóra. E sen embargo se vas a Viñetas desde o Atlántico atopas a cincuenta mil persoas. Ó final se o sacas á rúa á xente gústalle, e faise a exposición máis visitada do ano en A Coruña.]
¿Cres que existe un estilo de banda deseñada galega?
Case todos os que dun xeito ou doutro traballamos nisto traballamos un pouco coma francotiradores, non hai conexión entre movementos porque non houbo practicamente movemento. O único que puido haber foi nos oitenta ou finais do setenta xente que tiña un interese común e que se xuntou para facer unha cousa, pero cada un era da súa nai.
¿Estamos mellor de debuxantes ou de guionistas?
Francamente estamos mellor de debuxantes porque guionistas non hai. Falando medio de broma con Miguelanxo, pensaba que eu era o único caso de guionista profesional de cómics que existía en Galicia. É triste porque sempre se está falando da crise dos guións e claro, é que a xente non se pode dedicar a iso. Xa é bastante vocacional para aínda por riba facerte guionista. Prácticamente incluso en España, guionistas de tebeos penso que non hai nin unha ducia deles.
CASE É UNHA CUESTIÓN DE MILITANCIA O DE EDITAR AQUÍ. PRADO O PRIMEIRO. E A COMPRA TAMÉN
[A militancia de editar en Galicia
O cobro de dereitos varía segundo o número de exemplares da primeira tirada. Se editas en primeiro lugar en España recibes unha cantidade polos 3000 exemplares da edición e se logo se fai unha edición fóra cobras dereitos por 15000, e perdes moitos cartos. Se o fas ó revés, cobras por quince mil e recibes dereitos por tres mil, aínda que as cifras globais son as mesmas, son quince mil aquí e tres mil alí. Case é unha cuestión de militancia o de editar aquí, e Miguelanxo o primeiro. E na compra tamén. Ós rapaces que agora manexan os seus propios cartos non lles podes pedir que sexan militantes con doce anos. O rapaz o que quere é que o entreteñan e tanto lle ten que sexa en inglés, en catalán ou en galego. Ademais iso esixe que os creadores fagan tamén labor de voluntariado e á hora de botar contas, decátanse de que quen non sae nunca perdendo é a editorial.]
A BANDA DESEÑADA GALEGA PODERÍA VENDERSE DE ABONDO PARA QUE ALGÚNS AUTORES PUIDESEN VIVIR E TRABALLAR
¿Por qué cres que non existe unha industria galega de banda deseñada?
O problema que vexo é que non hai soporte, as tiradas son moi curtas e non hai un interese de publicacións que non son de cómic de incluir cómic como un complemento que podía dar tamén unha posibilidade. Si hai un certo apoio ó humor gráfico, que sempre tivo unha grande tradición aquí en Galicia, pero en canto ó Cómic é curioso, temos artistas moi bós pero ó final resulta que sempre son máis coñecidos fóra que aquí en Galicia. Para que unha industria estea saneada ten que ter capital privado e ten que espabilar a xente. Creo que os cartos públicos deben cumprir unha función, que debe de ser máis dar a coñecer, crear bibliotecas, axudar a que chegue... Ou para producir obras puntuais como unha historia da BD en Galicia ou unha publicación institucional gratuíta ou semigratuíta. Hai proxectos que son claramente de subvención e penso que outros non. Non estou pola subvención indiscriminada. As editoriais queren minimizar o risco, a venda ás institucións e o mercado da edición en galego provoca que non se loite polo producto nin se faga publicidade porque máis ou menos xa está amortizado. As alianzas entre editoriais aforran uns custos enormes, compartindo os fotolitos de cor, só se fai o de negro e o dos textos. É falta de arriscarse e de porse de acordo, é cousa de cultura empresarial. Aquí non está tan implantada esa cultura a pesar de existir unha tradición editorial enorme. Mercado hai porque os tebeos en castelán se venden, e a banda deseñada galega podería venderse, non unha barbaridade pero si de abondo para que certos actores puidesen vivir e traballar ou alomenos houbese un certo movemento.